Aberto o prazo de inscrición da "II Xornada sobre Variación e Cambio Lingüístico"

Data: 
Lunes, Octubre 9, 2023 - 09:30
Imaxe: 

Do 1 ao 30 de setembro encóntrase aberto o prazo de inscrición para asistir á II Xornada sobre Variación e Cambio Lingüístico, organizada polo Instituto da Lingua Galega da Universidade de Santiago de Compostela e o Centro de Línguas, Literaturas e Culturas da Universidade de Aveiro. Na páxina do evento pode efectuarse a inscrición e consultar o programa definitivo, conformado por traballos de investigadores e investigadoras de diversos puntos da península.

Este evento, que terá lugar o 9 de outubro na Facultade de Filoloxía da USC, pretende promover e difundir os traballos sobre a variación e o cambio lingüístico nas linguas románicas. Esta segunda edición céntrase no estudo da variación e do cambio lingüístico en espazos urbanos. O propósito fundamental é incentivar o interese pola investigación lingüística, desde distintas perspectivas e con diferentes obxectivos, nas cidades e nos núcleos de concentración de poboación.