Aprendizagens Essenciais de Português

Data: 
Viernes, Marzo 9, 2018 - 17:00
Imaxe: 

O sábado 10 de marzo, ás 11 h, a investigadora do ILG Marta Negro Romero participou como convidada na xornada Aprendizagens Essenciais de Português nos ensinos Básico e Secundário na Faculdade de Letras da Universidade do Porto, onde está a realizar unha estadía de investigación ao abeiro do programa Iacobus.

Nesta sesión presentou o programa Lingua, patrimonio e coñecemento tradicional, incluído dentro do Plan Proxecta da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia. Esta acción específica está integrada no proxecto GEOARPAD, enmarcado no programa operativo EP-INTERREG V A España-Portugal (POCTEP). Este programa pretende achegar o alumnado dos centros de ensino ao coñecemento da cultura local e tradicional, xa que pola súa idade acostuma a mostrar menos interese ou a ter menos contacto con ela. A finalidade é promover a documentación e análise dun corpus de material léxico vinculado con actividades da cultura patrimonial.