Artigo de Mercedes González Vázquez en "Estudos de Lingüística Galega"

Data: 
Miércoles, Junio 22, 2022 - 13:00
Imaxe: 

Acaba de publicarse o terceiro artigo do número 14 da revista Estudos de Lingüística Galega. Baixo o título "Unhas notas sobre o sistema evidencial galego", a profesora da Universidade de Vigo Mercedes González Vázquez presenta unha visión xeral do sistema evidencial galego, nomeadamente das fontes indirectas inferencial e reportativa. Tras levar a cabo unha revisión dos estudos previos dos adverbios disque e seica, analiza os dous significados evidenciais.