Clausura do Simposio ILG 2015

Data: 
Martes, Noviembre 24, 2015 - 17:00
Imaxe: 

O mércores 25 de novembro, no Consello da Cultura Galega, tivo lugar a derradeira sesión do Simposio ILG 2015: Cambio lingüístico no galego actual. 

Abriu a sesión o profesor Francisco Dubert García (ILG-USC), que falou sobre o cambio e estrutura na morfoloxía verbal do galego. A continuación, a profesora María José López Couso (USC) centrou o seu relatorio na relación entre a lingüística de corpus e os estudos de gramaticalización. Tras estas comunicacións, tivo lugar o acto de clausura ás 19 h.

Na clausura interviñeron Ernesto González Seoane, director do ILG, María José López Couso, decana da Facultade de Filoloxía, Ramón Villares, presidente do Consello da Cultura Galega, e Elisa Fernández Rei, membro do comité organizador do simposio.