Conferencia de Miren Azkárate, Joan Costa e Miquel A. Pradilla

Data: 
Viernes, Septiembre 20, 2019 - 13:00
Imaxe: 

O pasado venres día 20 ás 13.00, Miren Azkárate (Universidade do País Vasco), Joan Costa (Universidade Pompeu Fabra) e Miquel A. Pradilla (Universidade Rovira i Virgili) ofreceron unha charla na Sala de Conferencias do ILG, titulada "Por unha estandaroloxía comparada das linguas da península ibérica: perspectiva desde o éuscaro e o catalán".

Este é o seu resumo:

A exposición consistirá nunha presentación previa do proxecto de investigación que ten como obxectivo deitar os fundamentos dunha estandaroloxía comparada entre as linguas do estado español (e posteriormente, da península ibérica), partindo da posta en común das análises dos procesos do catalán, do éuscaro e do galego (e na medida que se relacionan con estes, do castelán).