Conferencia de William Haddican
O mércores 27 de xuño de 2018 ás 11.00 h na Sala de Conferencias do Instituto da Lingua Galega, o profesor William Haddican, do Queens College, CUNY, pronunciou a seguinte conferencia: "La alocutividad en el gallego y mas allá".
Esta presentación describe os puntos principais de diverxencia e converxencia entre as construcións alocutivas en varias linguas e céntrase na importancia do galego para a comparación interlingüística dos morfemas alocutivos, aqueles en que se observa unha concordancia morfolóxica cun interlocutor que non é participante no evento descrito pola frase (por exemplo, os pronomes de solidariedade galegos).