Curso de transcrición con ELAN
O proxecto de investigación Contacto, cambio lingüístico e ideoloxía en contextos de minorización lingüística oferta o Curso de transcrición con ELAN, que prosegue a formación iniciada no curso "Iniciación á transcrición con ELAN".
O curso, impartido por Reyes Rodríguez Rodríguez, desenvolverase na modalidade en liña os días 23 de febreiro e 2 de marzo e na modalidade presencial o 24 de febreiro e 3 de marzo, en ambos os casos de 16.30 h a 18.30 h.
A asistencia require dos seguintes materiais:
- Ordenador portátil, preferiblemente con rato externo
- Programa ELAN (https://archive.mpi.nl/tla/elan/download(link is external)
- Cascos
Para inscribirse na modalidade presencial é preciso enviar un correo a elisa.fernandez@usc.gal.
Esta actividade é parte do proxecto de I+D+i PID2019-110352GB-I00 financiado por MCIN/AEI/10.13039/501100011033/: