Defensa da tese de doutoramento de Reyes Rodríguez Rodríguez
Data:
Viernes, Julio 29, 2022 - 13:15
Imaxe:
A investigadora do ILG Reyes Rodríguez Rodríguez defendeu o venres 22 de xullo na Facultade de Filoloxía e Tradución da Universidade de Vigo a tese de doutoramento Contribución á sociodialectoloxía galega: a fala da Limia Baixa, dirixida por Xosé Henrique Costas González e Alexandre Rodríguez Guerra. O tribunal estivo conformado por Francisco Fernández Rei (ILG - USC), que actuou como presidente, Aquilino Alonso Núñez (Universidade de Vigo) e Ernestina Carrilho (Universidade de Lisboa).