"Estudos de Lingüística Galega" renova o selo de calidade FECYT

Data: 
Jueves, Agosto 11, 2022 - 16:00
Imaxe: 

A Fundación para la Ciencia y la Tecnología acaba de facer pública a relación de revistas científicas que conseguen o selo de calidade FECYT no ano 2022. Nesta convocatoria Estudos de Lingüística Galega aparece recoñecida co selo de calidade na modalidade Humanidades, categoría Lingüística. A revista figura na posición 27 (/68) no ránking de revistas de Lingüística, actualizado por última vez en 2020.