Exposición sobre o AGQUINPA
Data:
Viernes, Julio 17, 2015 - 13:00
Imaxe:
O venres 17 de xullo ás 13:00 h, Marcelo Pires Dias, investigador da Universidade Federal do Pará (Brasil), realizou unha presentación sobre o Atlas Geossociolinguístico das comunidades Quilombolas do Nordeste do Pará (AGQUINPA).
Na exposición, titulada "Navegando entre o Río e a Foresta: resultados preliminares e situación actual do Atlas Geossociolinguístico das comunidades Quilombolas do Nordeste do Pará (AGQUINPA)", presentáronse os primeiros resultados do atlas, aínda en elaboración.
A exposición tivo lugar no Seminario A do ILG.