I Faladoiro con Carme Ríos Panisse
O Día Internacional da Muller a Comisión de Xénero e Igualdade do ILG, baixo a organización dos membros do Instituto Estela Fidalgo, Pablo García e Reyes Rodríguez, inaugurou o Ciclo de conversas coas mulleres do ILG cun faladoiro con Carme Ríos Panisse.
Ríos Panisse, unha das primeiras investigadoras do centro, mantivo unha conversa na biblioteca con membros do Instituto en que falou do seu período de infancia e de estudante universitaria, dos seus inicios no galeguismo na asociación O Galo e da súa carreira investigadora e docente.
Ademais, Daniel Fernández López e Pedro García Louzao, investigadores do ILG, agasallaron as persoas asistentes cunhas pezas de gaita e de pandeira.
Como ben dixo Panisse: "Hai que pedir máis sesenta e oitos (en referencia ao ano 68) para que o galego non morra.”