Inauguración do Simposio ILG 2014

Data: 
Jueves, Noviembre 13, 2014 - 13:45
Imaxe: 

Hoxe, xoves 13, ás 17:30 h no Salón de Graos da Facultade de Filoloxía terá lugar a inauguración do Simposio ILG 2014: A lingua galega no solpor da Idade Media. Logo da sesión inaugural haberá tres conferencias sobre a fin da Idade Media, impartidas polos profesores Anselmo López Carreira (UNED / IES María Soliño de Cangas), Ignacio Pérez Pascual (Universidade da Coruña) e Juan Carrasco González (Universidade de Extremadura).

Na seguinte sesión, venres 14 de novembro, analizarase a situación do asturiano e do catalán no medievo. O simposio terá continuidade o xoves 20, o venres 21 e o sábado 22 de novembro.