Investigadores do ILG no "1st Congress Toponomasticon Hispaniae: Interterritoriality and interdisciplinarity"

Data: 
Martes, Julio 5, 2022 - 14:00
Imaxe: 

Entre o 27 e o 30 de xuño celebrouse en Lleida o 1st Congress Toponomasticon Hispaniae: Interterritoriality and interdisciplinarity, dentro do encontro The International Medieval Meeting Lleida (IMMLleida). O congreso é o primeiro no marco do proxecto interuniversitario Toponomasticon Hispaniae, de estudio de la toponimia peninsular, organizado en seis subproxectos e con preto de sesenta investigadores.

Ana Boullón, coordinadora do  proxecto e investigadora principal do grupo Toponimia de Galicia e Portugal, impartiu a conferencia inaugural: “Toponomasticon Hispaniae: planteamiento, objetivos y recursos bibliográficos (con especial atención a Galicia y Portugal)".

Tamén participaron os investigadores externos do ILG Gonzalo Navaza, coa comunicación “Referencias a la sustitución de topónimos en la documentación medieval de Galicia”, e mais Luz Méndez, que achegou unha “Aproximación a los topónimos unicum de Galicia formadores de apellido”.