María Álvarez de la Granja en TechLING2021-UVigo-T&P

Data: 
Jueves, Diciembre 16, 2021 - 11:00
Imaxe: 

A investigadora do ILG María Álvarez de la Granja participará o 16 de decembro, ás 11:00 h, en tehcLING2021-UVigo-T&P. VI Congreso internacional en lingua, lingüística e tecnoloxía. Ofrecerá a charla "Os problemas semánticos no Corpus de textos galegos escritos por estudantes no ámbito académico (CORTEGAL)".

Este evento científico internacional, realizado integramente en rede, está dedicado ás sinerxías entre as linguas e o seu coñecemento científico; a lingüística, por un lado, e as novas tecnoloxías dixitais, polo outro, con especial incidencia no impacto das ferramentas tecnolóxicas na tradución e interpretación, no ensino e no tratamento de linguas.