Membros do ILG no "III Workshop INTELE"

Data: 
Lunes, Septiembre 12, 2022 - 14:00
Imaxe: 

O 13 e 14 de setembro ten lugar en Madrid o III Workshop INTELE, organizado pola rede estratéxica INTELE (Infraestructura de Tecnologías del Lenguaje), en que participan Elisa Fernández Rei, Xosé Luís Regueira Fernández e Xulio Sousa.

Elisa Fernández Rei ofrecerá a conferencia convidada ParlaMint 2.0 en gallego, euskera y catalán: un proyecto de CLARIN-K, xunto a Jon Alkorta, onde falará de ParlaMint, proxecto que ten como obxectivo a creación dun corpus de sesións parlamentarias multilingües comparables e homologadas. Ademais, presentaranse varios pósters en que se darán a coñecer distintos proxectos do ILG.