A nobreza miñota e a lírica trobadoresca na Galicia da primeira metade do s. XIII

Data: 
Viernes, Noviembre 7, 2014 - 14:00
Imaxe: 

O profesor Henrique Monteagudo acaba de dar ao prelo o volume A nobreza miñota e a lírica trobadoresca na Galicia da primeira metade do século XIII.

Nesta obra preséntase un estudo realizado a partir de dúas mandas testamentarias do cabaleiro don Johan Soarez de Chapela, identificado co trobador Johan Soayrez Somesso. A partir da exploración do seu contexto histórico, o autor indaga a composición dalgunhas familias nobres do suroeste de Galicia relacionadas co fenómeno trobadoresco e investiga as relacións entre elas.

A presentación do libro terá lugar o vindeiro venres, 7 de novembro, ás 20:00 h na Libraría Pedreira de Santiago de Compostela.