O ILG colabora no Máster Europeo de Lexicografía (EMLex)

Data: 
Martes, Enero 19, 2016 - 16:45
Imaxe: 

O Instituto da Lingua Galega da USC participa na organización da edición 2016-2018 do Máster Europeo de Lexicografía (EMLex), unha das actividades lectivas que se desenvolven ao abeiro do programa comunitario Erasmus+.

Ademais da USC, forman parte do comité organizador a Károli Gáspár Református Egyetem Budapest (Hungría), a Uniwersytet Śląski w Katowicach (Polonia), a Université de Lorraine (Francia), a Universidade do Minho (Portugal), a Universita degli Studi Roma Tre (Italia) e a Stellenbosch University (África do Sur).

O Máster Europeo de Lexicografía desenvólvese desde o ano 2009 e nel colaboran sete universidades europeas. Ademais das actividades lectivas, o EMLex inclúe unha estadía de seis meses nalgunha das universidades participantes no proxecto. O prazo para a presentación de solicitudes de bolsa está aberto ata o día 15 de marzo.