O Tesouro do léxico patrimonial galego e portugués integrado no RILG
Data:
Martes, Junio 18, 2019 - 13:15
Desde onte, as consultas no RILG (Recursos Integrados da Lingua Galega) (TALG-UVigo) ofrecen tamén os resultados encontrados no Tesouro do léxico patrimonial galego e portugués (TLPGP) (http://ilg.usc.es/Tesouro/gl) do Instituto da Lingua Galega, tanto na busca por lema como por variante.
O TLPGP é unha base de datos léxica que permite o acceso rápido e cómodo a información contida en traballos de léxico dialectal de galego, portugués de Portugal e portugués do Brasil.