Pablo García obtén unha axuda Ramón y Cajal

Data: 
Lunes, Noviembre 13, 2023 - 13:45
Imaxe: 

O investigador do ILG Pablo García Martínez acaba de obter unha axuda Ramón y Cajal da Axencia Estatal de Investigación na convocatoria de 2022. Na actualidade é investigador posdoutoral Margarita Salas e, anteriormente, completou o seu doutoramento (Ph.D.) na City University of New York (CUNY, 2018), así como un posdoutoramento Humboldt, con residencia no Institut für Romanistik da Friedrich-Alexander (FAU, 2020-2021).

García Martínez realiza a súa investigación a través dun enfoque sociohistórico para a análise dos procesos culturais que aplica, sobre todo, ao estudo dos exilios provocados pola Guerra Civil española, así como ao das literaturas e culturas ibéricas do século XX, con crecente concentración no eido dos estudos galegos.