Palabras emocionais en lingua galega
Data:
Miércoles, Octubre 25, 2017 - 13:00
Imaxe:
O mércores 25 de outubro, ás 13 horas na Sala de Conferencias do Instituto da Lingua Galega, a profesora Isabel Fraga Carou impartiu a conferencia: "Que me causa máis tristura: a morriña ou a nostalgia? Á busca da emoción nas palabras da nosa lingua. Proposta para o desenvolvemento dun estudo estandarizado de palabras emocionais en lingua galega".
Isabel Fraga Carou é profesora da Facultade de Psicoloxía da USC e coordina o grupo Procesos Cognitivos e Conduta (GI-1842) da USC.