Participación de membros do ILG no 'XXII Encontro de Morfólogos'

Data: 
Viernes, Octubre 2, 2026 - 09:30
Imaxe: 
O edificio Redeiras de Vigo acollerá os días 1 e 2 de outubro de 2026 o XXII Encontro de Morfólogos . Baixo o lema “Tecer morfoloxías: estudos contrastivos e diversidade lingüística” , as xornadas porán ou foco no enfoque contrastivo e comparatista, analizando a morfoloxía con perspectivas interlingüísticas que enriquecen o estudo da diversidade lingüística. Organizado por docentes da Facultade de Filoloxía e Tradución da Universidade de Vigo, o simposio deste ano estará dedicado á memoria do profesor Antonio Rifón, falecido en 2022, quen xa impulsará a primeira edición viguesa en 2010.
 
Esta cita, que reunirá máis de vinte especialistas procedentes de doce universidades nacionais e internacionais, contará coa presenza de tres membros do Instituto da Lingua Galega (ILG). O profesor Francisco Dubert será un dos encargados de impartir unha das tres conferencias plenarias do congreso. Na súa intervención, titulada “O xénero nos substantivos galegos: a formación de palabras parasita a flexión?”, afondará nos mecanismos internos do idioma galego. O encontro contará tamén coa participación das investigadoras María Álvarez de la Granja e Reyes Rodríguez Rodríguez, que presentarán respectivamente os traballos “Flexión verbal non estándar en CORTEGAL, Corpus de textos galegos escritos por estudantes no ámbito académico” e “Alomorfos en disputa: a variación no plural dos nomes rematados en -n na Baixa Limia”.
 
O programa científico complétase con relatorios que abranguen desde o estudo da linguaxe non binaria en galego ata os procesos léxicos na lingua de signos catalá ou comparacións con linguas coma o chinés mandarín. As sesións académicas concentraranse principalmente durante o venres, abrindo espazos de debate para afondar en novas liñas de investigación morfolóxica.