Reyes Rodríguez na "I Xornada de multilingüismo" da Universidade de Vigo

Data: 
Viernes, Diciembre 15, 2023 - 09:00
Imaxe: 

A investigadora do ILG Reyes Rodríguez Rodríguez participa o venres 15 na I Xornada de multilingüismo, organizada por Alexandre Rodríguez Guerra e Elena Seoane Pose, na Facultade de Filoloxía e Tradución da Universidade de Vigo. Neste evento tratarase de dar a coñecer a complexidade social e a riqueza cultural de diferentes comunidades multilingües do mundo. Ademais, servirá de escenario para a presentación de varios vídeos elaborados por alumnado das universidades de Vigo e Leiden (Países Baixos) en que se recollen as súas reflexións e as das diferentes persoas entrevistadas sobre multilingïsmo e linguas minorizadas.

Rodríguez falará, ás 10:25 h, sobre "Multilingüismo: o caso da mocidade na Limia Baixa", e exporá datos de uso do galego entre os mozos e as mozas da comarca da Baixa Limia.

A inscrición é de balde, pero cómpre enviar un correo a elena.seoane@uvigo.gal.