Soraya Suárez Quintas, no Cañada Blanch
Data:
Viernes, Noviembre 11, 2016 - 16:45
Imaxe:
![](https://ilg.usc.gal/sites/default/files/styles/novas_img/public/images_novas/soraya2.jpg?itok=ucbxJll_)
A investigadora predoutoral do ILG Soraya Suárez Quintas visitou o venres 11 de novembro o Instituto Español Vicente Cañada Blanch, en Londres (Reino Unido), aproveitando a súa estadía de investigación na University of Sheffield.
Soraya Suárez Quintas, que foi seleccionada pola Fundación Barrié para realizar unha estadía de investigación, acudiu a unha clase de galego de 1º da ESO para ofrecer unha charla sobre o Entroido en Xinzo de Limia, titulada "Entroido de Xinzo: un sentimento".