Vítor Míguez publica un libro sobre a modalidade en galego

Data: 
Lunes, Julio 15, 2024 - 14:30
Imaxe: 

O investigador do ILG Vítor Míguez vén de publicar en Jonh Benjamins o libro Revisiting modality: A corpus-based study of epistemic adverbs in Galician, que presenta a primeira investigación en profundidade sobre a modalidade na lingüística galega. Míguez ofrece unha discusión teórica das categorías modais e unha descrición detallada dos adverbios epistémicos.

A primeira metade da monografía deconstrúe os achegamentos máis relevantes ás categorías modais e amosa como o concepto tradicional de modalidade é unha noción problemática, como se relaciona con outros conceptos como a evidencialidade e a mitigación e como debe ser concibido para converterse nun instrumento máis útil para a análise lingüística. A través de exemplos do galego, explórase unha nova forma de entender a modalidade. A segunda metade do libro céntrase en seis adverbios epistémicos, que son estudados de maneira exhaustiva tanto no plano formal coma no funcional. Combinando unha perspectiva cuantitativa e cualitativa, o libro amosa que os adverbios conforman unha rica escala semántica e establece varios factores que condicionan a súa aparición no discurso, desafiando concepcións anteriores deste dominio gramatical.