Xornada sobre tecnoloxías da linguaxe e visita ao ILG
![](https://ilg.usc.gal/sites/default/files/styles/novas_img/public/images_novas/img-20240424-wa0017.jpg?itok=NJsY9i9K)
O vindeiro venres 26 vaise celebrar na Cidade da Cultura de Santiago de Compostela a xornada The Impact of Language Technologies on the Economy & Society, organizada pola Network to Promote Linguistic Diversity (NPLD) de Bruxelas e a Xunta de Galicia. A directora do ILG, Elisa Fernández Rei, xunto a Senén Barro Ameneiro do CiTIUS, ofrecerá a conferencia “Nós: a language technology project for Galician, focusing on society and economy”. Para inscribirse é preciso enviarlle un correo a vicent.fenollar@npld.eu.
Dous días antes, o mércores 24 pola mañá, visitarán o ILG Elin Jones e Jeremy Evas, da Oficina da Lingua Galesa, unha das entidades integrantes da rede NPLD.