Xulio Sousa, novo catedrático de Filoloxía Galega
Data:
Jueves, Octubre 30, 2025 - 13:30
Imaxe:

O investigador do Instituto da Lingua Galega Xulio Sousa é desde o pasado luns 27 de outubro catedrático do Departamento de Filoloxía Galega da Universidade de Santiago de Compostela.
Sousa defendeu o seu currículo e o seu proxecto relacionado coa elaboración dun corpus oral do galego rural diante dun tribunal conformado por Andrés Enrique Arias (Universitat de les Illes Balears), Ana Isabel Boullón Agrelo (Universidade de Santiago de Compostela), Inés Fernández Ordóñez (Universidad Autónoma de Madrid), Henrique Monteagudo (Universidade de Santiago de Compostela) e Fernando Ramallo (Universidade de Vigo).
O novo catedrático licenciouse en Filoloxía Hispánica, subsección Galego-Portugués, en 1988 e obtivo o grao de doutor en 1999. Forma parte do Instituto da Lingua Galega desde o ano 1999 e foi secretario deste centro de investigación da USC. Ademais, foi coordinador do grupo de investigación Filoloxía e Lingüística Galega desta Universidade. O seu labor investigador céntrase no estudo da variación lingüística, especialmente no ámbito da sintaxe e do léxico. Dirixe diversos proxectos de investigación ligados á xeografía lingüística e foi editor de varias monografías relacionadas con esta liña de investigación. É director da revista Estudos de Lingüística Galega.





