A II Xeira CLARIAH-GAL, que terá lugar o 9 de maio na Facultade de Filoloxía da USC, pretende ser un espazo para dar a coñecer as infraestruturas europeas CLARIN e DARIAH, así como para difundir e pór en contacto proxectos e grupos de investigación galegos que traballen no ámbito das Humanidades Dixitais e das tecnoloxías lingüísticas aplicadas á investigación en Humanidades e Ciencias Sociais.
Novedades
-
Destacado
II Xeira CLARIAH-GAL
09/05/25 -
Destacado
Conferencia do profesor João Veloso sobre o portugués en Macau
02/04/25O profesor João Veloso, da Universidade do Porto (Portugal) e xefe do Departamento de Portugués na Universidade de Macau (China), ofrecerá o mércores 2 de abril, ás 12 h, a conferencia "O português na paisagem linguística de Macau" no salón de graos da Facultade de Filoloxía (USC).
-
Destacado
Validatón 2025: axúdanos a impulsar a tecnoloxía da fala en galego!
31/03/25O Validatón 2025 é unha competición aberta ao alumnado das titulacións de Filoloxía en que poderá contribuír á creación de recursos para o galego en Common Voice. Haberá premios en metálico para cada unha das persoas gañadoras de cada categoría e para a persoa con máis contribucións totais.
-
Destacado
Ciclo de conversas coas mulleres do ILG. II Faladoiro con Alba Aguete Cajiao
27/03/25No II Faladoiro contaremos con Alba Aguete Cajiao, profesora axudante doutora da Área de Filoloxía Románica da Universidade de Salamanca e colaboradora do ILG, quen nos falará do seu labor investigador e docente desde a súa perspectiva como muller.
-
Destacado
Nova lista de difusión de CLARIAH-GAL
17/03/25CLARIAH-GAL, nodo galego de CLARIAH-ES impulsado polo Instituto da Lingua Galega e polo Centro Singular de Investigación en Tecnoloxías Intelixentes (CiTIUS) da USC, conta desde hai uns días cunha lista de difusión para informar sobre as novidades relacionadas con as infraestruturas europeas de investigación CLARIN e DARIAH e coas Humanidades Dixitais en xeral.
-
Destacado
Publícase un informe sobre a situación da lingua galega segundo os datos do IGE
13/03/25Henrique Monteagudo, Xaquín Loredo e Gabino S. Vázquez son os autores deste informe, publicado pola Real Academia Galega, que analiza a enquisa do Instituto Galego de Estatística de 2023 e a evolución sociolingüística de Galicia desde 1992 ata 2023. -
Destacado
O dicionario 'Nomes galegos das aves de Galicia e España' dispoñible en liña
25/02/25O novo dicionario no que colaboran os membros do ILG Manuel González González, Francisco Fernández Rei, Antón Santamarina e María Dolores Sánchez Palomino está dispoñible na páxina web da Real Academia Galega.
-
Destacado
'As cousas polo seu nome', novo web para restituír o teu apelido ó galego
25/02/25A investigadora do ILG Ana Boullón colabora nesta nova iniciativa da comisión de normalización lingüística da Facultade de Filoloxía da USC, que achega todos os pasos necesarios para adecuar os apelidos á súa forma galega orixinal.
-
Destacado
Nova publicación sobre o Seminario de Estudos Galegos
19/02/25Henrique Monteagudo edita xunto a Ramón Villares o volume Saber de Nós. O Seminario de Estudos Galegos, publicado en liña polo Consello da Cultura Galega.
-
Destacado
Xosé Carracedo edita o volume 'Opera II: Ars grammatica', do bispo Xulián de Toledo
19/02/25Acaba de saír do prelo o volume Opera II: Ars grammatica, editado polo investigador do ILG Xosé Carracedo na editorial Brepols.