Imaxe do dicionario
Cutrín Garabal, José Antonio / Álvarez de la Granja, María (coords.)

Dicionario de xentilicios festivos

Sabes que ás persoas de Santiago de Compostela lles chaman picheleiras e ás da Coruña cascarilleiras? Coñeces algún nome festivo para chamarlles ás persoas que viven no teu lugar ou nun lugar próximo? Gustaríache compartir esas palabras? O obxectivo deste dicionario é construír entre toda a cidadanía un glosario de xentilicios festivos (ou pseudoxentilicios) do galego que se empreguen na actualid...
Ver descrición
pixina, pixín

Creado por admin o 10/04/2026 ás 14:29.

1.
Localidade

Cariño

Tipo de entidade

Concello

Motivación

Segundo se pode comprobar no Tesouro do léxico patrimonial galego e portugués, pixín é o nome que se lle dá en diferentes sitios de Galicia e Asturias ao peixe sapo ou a un peixe semellante e no concello de Cariño a actividade pesqueira tivo gran relevancia.

Xentilicio oficial

cariñesa, cariñés

2.
Localidade

San Cibrao

Tipo de entidade

Vila

Concello

Cervo

Motivación

Segundo se pode comprobar no Tesouro do léxico patrimonial galego e portugués, pixín é o nome que se lle dá en diferentes sitios de Galicia e Asturias ao peixe sapo ou a un peixe semellante e en San Cibrao a actividade pesqueira tivo gran relevancia.

Cutrín Garabal, José Antonio / Álvarez de la Granja, María (coords.). 2026. Dicionario de xentilicios festivos. En Fernández Rei, Elisa & Álvarez de la Granja, María (coords.), Lingua viva. Santiago de Compostela: Instituto da Lingua Galega. ilg.usc.gal/linguaviva [Consultado o 01/05/2026 ás 12:46].

Este dicionario está dispoñible baixo licenza Creative Commons Atribución 4.0 Internacional.

Inicia sesión para deixar un comentario.

Comentarios