Mulleres na Lexicografía / Women in Lexicography
Aisha Bewley
Árabe, inglés
Naceu en 1948 nos Estados Unidos
Aisha Bewley realizou un Mestrado en Linguas do Oriente Próximo na Universidade de California en Berkeley. As súas actividades académicas estendéronse por un ano na Universidade Americana en O Cairo, onde participou nun seminario sobre sufismo no Departamento de Filosofía da Universidade de O Cairo. O seus coñecementos do árabe e das ensinanzas islámicas consolidáronse aínda máis durante as súas experiencias de inmersión aprendendo entre árabes en Marrocos. A principios da década dos 1970, Bewley convertiuse en discípula (murid) de Shaykh Dr. Abdalqadir as-Sufi, cuxas ensinanzas seguiu. Guiada pola súa influencia e inspirada por Shaykh Muhammad ibn al-Habib de Meknes, dedicouse á tradución de obras islámicas clásicas do árabe ao inglés. O seu inquebrantable compromiso con este traballo deu lugar a que a comunidade musulmá anglófona teña ao seu alcance textos islámicos fundamentais, os cales moitos coñecen por primeira vez gracias as súas traducións.
A súa publicación mais salientable é o "Glossary of Islamic Terms " (Glosario de termos islámicos) do 1988, no que amosa a súa mestría no árabe e serve como recurso valioso para investigadores en terminoloxía islámica. O seu maior logro foi traducir o Sacro Corán ao inglés coa axuda do seu marido, Abdalhaqq Bewley. Ambos traballaron no proxecto durante varios anos, o que deu como resultado a publicación de “The Noble Quran” (O Nobre Corán). Ademais, realizou importantes avances na tradución de textos islámicos clásicos como “Tafsir of al-Qurtubi “(O comentario de al-Qurtubi; seis volumes publicados ata a data), “Muwatta of Imam Malik” (A Compilación do Imán Malik), o “Tabaqat Ibn Sa'd” (As clases de Ibn Sa'd), e “Risalah de Ibn Zayd ao-Qayrawani” (A epístola de Ibn Zayd al-Qayrawani). Ademais, o traballo de Aisha Bewley abrangue un amplo abano de temas, exemplificado en obras como “The Subatomic World in the Qur’an” (O mundo subatómico no Corán) (Diwan Press, 1980), “Islam: The Empowering of Women” (Islam: o empoderamento das mulleres) (TaHa, 1999), e “Democratic Tyranny and the Islamic Paradigm” (Tiranía Democrática e o paradigma islámico) (Diwan Press, 2018). O seu impacto esténdese máis aló da escritura; impartiu conferencias en institucións como o Dallas College (Cidade do Cabo) e o Lady Aisha College (Cidade do Cabo). As súas numerosos viaxes, xunto co seu marido e a súa familia, leváronos a numerosos países, entre eles Nixeria, Bermudas, Alemaña e España. Durante estas viaxes, adicouse a difundir o coñecemento sobre o islam e a contribuír ao establecemento de comunidades musulmás co obxectivo de emular o modelo primitivo de Medina. Entre as súas publicacións destacan tamén a tradución de “Mu'awiya: Restorer of the Muslim Faith" (Mu'awiya: Restaurador da fe musulmá) no 2002 e "The Islamic Will: A Practical Guide for being prepared for death and writing your will according to the Shar'ia of Islamic and English Law" (O testamento islámico: Unha guía práctica para estar preparado para a morte e redactar o teu testamento según a Shar'ia da lei islámica e inglesa) no 2012. Un fito importante na historia da literatura islámica en inglés foi a súa tradución de "Tafsir al-Qurtubi" (O comentario de al-Qurtubi), que encheu un baleiro na difusión da literatura tafsir clásica en inglés. Tamén é autora de obras non traducidas, como "Muslim Women: A Biographical Dictionary" (Mulleres musulmanas: un dicionario biográfico, 2004) e conta con numerosos libros inéditos, entre eles, traballos sobre “Tafsir de ibn Juzayy al-Kalbi ” (O comentario de Ibn Juzayy al-Kalbi), “Bustan al-'Arifin by Imam an-Nawawi” (O xardín dos Gnósticos do Imam al-Nawawi), “The Chess Game of the Gnostics by Muhammad ibn al-Hashim at-Tilmansan” (A partida de xadrez dos gnósticos de Muhammad ibn al-Hashim at-Tilmansani” e “The Hikam of Ibn' Ata'llah” (Os aforismos de Ibn' Ata'llah), entre outros. A súa obra segue sendo salientable e as súas contribucións intelectuais son testemuño da súa dedicación e da continuidade do seu legado.
• Grazas ás súas contribucións excepcionais á cultura islámica, Aisha Bewley foi honrada como a Muller musulmá do Ano no 2023 polo Real Centro Islámico de Estudios Estratéxicos (RISSC). Este recoñecemento subliña a súa inmensa dedicación e impacto neste campo. • Gran parte do seu traballo publicouse gratuitamente na Internet. Estudantes, profesores e moitos devotos beneficiáronse dos seus recursos sen coste algún. • O catálogo colectivo WorldCat recóllea como autora ou tradutora de "73 obras en 172 publicacións en 3 idiomas e 855 fondos bibliotecarios".
Fonte da Foto: https://en.islamonweb.net/aisha-bewley-the-muslim-woman-of-the-year-2023 [09.12.2023] Biografía: Aisha Bewley: https://murabitblog.wordpress.com/2009/11/21/biography-aisha-bewley/ [10.12.2023] Muller musulmá do Ano de ´Muslim 500´ del-ano-d : https://mezquitadesevilla.com/aisha-bewley-mujer-e-muslim-500/ [10.12.2023] Coñecendo a Aisha Bewley: https://wisconsinmuslimjournal.org/https-iqna-ir-en-news-3481391-getting-to-know-aisha-bewley-a-muslim-convert-who-translated-quran-into-english/ [10.12.2023] https://www.scribd.com/doc/51119497/Glossary-of-Islamic-Terms-Aisha [10.12.2023]
Obada Alzeer
María José Domínguez Vázquez
Autor@s do deseño e estrutura do dicionario / Authors of the design and structure of the dictionary: María José Domínguez Vázquez (dir), Lola Mosquera Sánchez, Deborah Chidimma Nebechukwu, U-Tong Sih - EMLex. 2000. Mulleres na Lexicografía / Women in Lexicography. En Fernández Rei, Elisa & Álvarez de la Granja, María (coords.), Lingua viva. Santiago de Compostela: Instituto da Lingua Galega. ilg.usc.gal/linguaviva [Consultado o 14/01/2026 ás 03:54].
Inicia sesión para deixar un comentario.