Imaxe do dicionario
María José Domínguez Vázquez (dir), Lola Mosquera Sánchez, Deborah Chidimma Nebechukwu, U-Tong Sih - EMLex (autor@s do deseño e estrutura do dicionario)

Mulleres na Lexicografía

O principal obxectivo deste dicionario é visibilizar e reivindicar a mulleres relevantes no eido da lexicografía. O traballo ofrece información sobre a súa vida, traxectoria profesional, así como a súa bagaxe social e cultural. Destaca especialmente a súa contribución á lexicografía nos seus respectivos contextos. Esta obra desenvólvese como proxecto didáctico de aprendizaxe colaborativa no marco...
Ver descrición
Chen, Linda

Creado por utongsih o 13/03/2026 ás 07:54.

Nome

Linda Chen En chinés: 陳蒙鶴 Chén Mônghè Coñecida tamén como Chen Mong Hock / Linda Chen Mong Hock

Foto
Linguas de traballo

chinés, inglés, malasio

Información biográfica

1928 (Wenzhou, Provincia de Chekiang, República de China) - 2002 (Singapore) Lingüista, escritora, feminista, empresaria Chen naceu en China no seo dunha familia de ricos comerciantes. Sendo aínda ben nova, emigrou a Singapur, onde creceu. Singapur, como territorio británico, era xa naquel tempo unha sociedade multilingüe. Nela falábanse, entre outras linguas, malaio e chinés. Con todo, o inglés tiña unha posición dominante sobre as outras linguas. En lugar de aprender algunhas das outras linguas, as persoas falábano como lingua franca. De xeito excepcional, Chen, que era bilingüe en chinés e inglés, aprendeu malaio no seu país de acollida.

Traxectoria profesional

Chen rematou a súa licenciatura na Universidade de Malaya, en Singapur, e traballou brevemente como mestra de inglés nunha escola local. A continuación, retomou os seus estudos e comezou un mestrado. Durante ese tempo, compilou o primeiro dicionario malaio-chinés. A importancia desta obra reflíctese no seu amplo uso no ensino do malaio nos anos 50 e 60 do século XX. Tamén, traduciu ao malaio varios contos infantís chineses. Ademais de explotar a súa capacidade lingüística para tender pontes entre os distintos grupos étnicos, participou en numerosos movementos socialistas. A maioría dos documentos e revistas posteriores abordaron o seu papel de activista social, eclipsando así a súa función de lexicógrafa. Con todo, durante a época da Guerra Fría, o seu activismo socialista tamén a converteu en obxectivo do goberno colonial, xa que o seu compromiso asociábase coa promoción do comunismo. En 1956, Chen foi detida por primeira vez e encarcerada durante 20 meses. Tras a súa condena, casou e terminou o seu mestrado. Estivo baixo vixiancia entre 1959 e 1963, ata que foi detida de novo en 1963 como parte dunha operación especial. Despois do cárcere, Linda Chen trasladouse a Londres co seu marido, quen rematou alí un mestrado. A parella regresou entón a Singapur e Chen dirixiu a libraría multinacional da súa familia até a súa morte.

Publicacións relevantes e contexto sociocultural

馬華大辭典(Mǎ-Húa Dà Cídiǎn, “Gran Dicionario Malaio-Chinés”) (1961). Como non se puido atopar ningún exemplar, a única fonte fiable foi atopada en Google Book. Segundo a información facilitada, trátase dunha extensa obra de referencia de 1.750 páxinas.

Fontes

1. Bibliografía: Linda Chen: Wikipedia. https://en.wikipedia.org/wiki/Linda_Chen Tan, Jing Quee. (2007). In Memory of Linda Chen (1928-2002). s/pores journal. https://s-pores.com/2007/04/linda-chen/ 2. Traballo lexicográfico: 陳蒙鶴 (Chén Mônghè). (1961). 馬華大辭典 (Mǎ-Húa Dà Cídiǎn). https://books.google.es/books/about/%E9%A6%AC%E8%8F%AF%E5%A4%A7% E8%BE%AD%E5%85%B8.html?id=XcEYOgAACAAJ&redir_esc=y 3. Foto: Tan, Jing Quee. (2007). In Memory of Linda Chen (1928-2002). s/pores journal. https://s-pores.com/2007/04/linda-chen/

Aut@r da entrada

U-Tong Sih

Tradución da entrada

María José Domínguez Vázquez

María José Domínguez Vázquez (dir), Lola Mosquera Sánchez, Deborah Chidimma Nebechukwu, U-Tong Sih - EMLex (autor@s do deseño e estrutura do dicionario). 2022. Mulleres na Lexicografía. En Fernández Rei, Elisa & Álvarez de la Granja, María (coords.), Lingua viva. Santiago de Compostela: Instituto da Lingua Galega. ilg.usc.gal/linguaviva [Consultado o 09/04/2026 ás 13:59].

Este dicionario está dispoñible baixo licenza Creative Commons Atribución 4.0 Internacional.

Inicia sesión para deixar un comentario.

Comentarios