Imaxe do dicionario
María José Domínguez Vázquez (dir), Lola Mosquera Sánchez, Deborah Chidimma Nebechukwu, U-Tong Sih - EMLex (autor@s do deseño e estrutura do dicionario)

Mulleres na Lexicografía

O principal obxectivo deste dicionario é visibilizar e reivindicar a mulleres relevantes no eido da lexicografía. O traballo ofrece información sobre a súa vida, traxectoria profesional, así como a súa bagaxe social e cultural. Destaca especialmente a súa contribución á lexicografía nos seus respectivos contextos. Esta obra desenvólvese como proxecto didáctico de aprendizaxe colaborativa no marco...
Ver descrición
Danilenko, Liudmila

Creado por Lola o 13/03/2026 ás 07:54.

Nome

Даниленко Людмила Іванівна (Danilenko Liudmila Ivanivna)

Foto
Linguas de traballo

Checo, esloveno, ucraíno

Información biográfica

1956 (Kíiv, Ucraína)

Traxectoria profesional

Danilenko Liudmila Ivanivna estudou na Universidade de Kíiv (1976-1981) no Departamento de Filoloxía Eslava, onde rematou o seu posgrado con honores. Entre 1993 e 1996 elaborou a súa tese de doutoramento na Academia Nacional das Ciencias de Ucraína: “National-cultural peculiarities of the semantics of Czech phraseological units” ('Particularidades nacionais e culturais da semántica das unidades fraseolóxicas checas'). Durante o curso 2000-2001 exerceu de profesora na Universidade Nacional Taras Shevchenko de Kíiv. Tamén foi profesora de checo (2000-2006) na Academia Diplomática de Ucraína, dependente do Ministerio de Asuntos Exteriores do mesmo país. Dende entón e ata a actualidade traballa no Departamento de Linguas Eslavas do Instituto de Lingüística que leva o nome de O.O. Potebny. Participou en diferentes edicións do Congreso Internacional de Eslavistas (XIII-XVI): 2023 (en Ljubljana, Eslovenia), 2008 ( en Ohrid, Macedonia), 2013 (en Minsk, Belarús) e 2018 (en Belgrado, Serbia).

Publicacións relevantes e contexto sociocultural

- Danilenko, L. I. (2000). Чесько-український словник. Сучасна ділова мова ("Dicionario checo-ucraíno. Linguaxe comercial moderna"). Universidade Nacional Taras Shevchenko de Kíiv. - J. Anderš, Danilenko, L. I. et al. (2000). Prakktický česko-ukrajinský slovníký. Ekonomika. Finance. Obchod. ("Dicionario práctico checo-ucraíno. Economía. Finanzas. Contabilidade"). Universidade Palacký. - Danilenko, L. I. (2021). Чеська фразеологія і пареміологія. Бібліографія джерел ХІХ – 20-х років ХХІ ст. ("Fraseoloxía e paremioloxía checas. Bibliografía de fontes do século XIX aos anos vinte do século X

Extractos de obras
Datos de interese

Dende o 2003 é membro da Comisión Fraseolóxica do Comité Internacional de Eslavistas e ocupa o cargo de secretaria académica do Comité Ucraíno de Eslavistas.

Fontes

Páxina web do Instituto de Lingüística O. O. Potebny: http://www.inmo.org.ua/departments/zpsm/staff/danylenko.html

Aut@r da entrada

Yuliia Kroviakova

Tradución da entrada

Lola Mosquera Sánchez

María José Domínguez Vázquez (dir), Lola Mosquera Sánchez, Deborah Chidimma Nebechukwu, U-Tong Sih - EMLex (autor@s do deseño e estrutura do dicionario). 2022. Mulleres na Lexicografía. En Fernández Rei, Elisa & Álvarez de la Granja, María (coords.), Lingua viva. Santiago de Compostela: Instituto da Lingua Galega. ilg.usc.gal/linguaviva [Consultado o 09/04/2026 ás 12:09].

Este dicionario está dispoñible baixo licenza Creative Commons Atribución 4.0 Internacional.

Inicia sesión para deixar un comentario.

Comentarios