Imaxe do dicionario
María José Domínguez Vázquez (dir), Lola Mosquera Sánchez, Deborah Chidimma Nebechukwu, U-Tong Sih - EMLex (autor@s do deseño e estrutura do dicionario)

Mulleres na Lexicografía

O principal obxectivo deste dicionario é visibilizar e reivindicar a mulleres relevantes no eido da lexicografía. O traballo ofrece información sobre a súa vida, traxectoria profesional, así como a súa bagaxe social e cultural. Destaca especialmente a súa contribución á lexicografía nos seus respectivos contextos. Esta obra desenvólvese como proxecto didáctico de aprendizaxe colaborativa no marco...
Ver descrición
Feinauer, Isle

Creado por RebecaG o 13/03/2026 ás 07:54.

Nome

Isle Feinauer

Foto
Linguas de traballo

Afrikáans, inglés, neerlandés

Información biográfica

-

Traxectoria profesional

Ilse Feinauer realizou a súa mestría na Universidade de Stellenbosch, onde tamén levou a cabo o seu doutoramento en 1988, coa publicación da súa tese centrada na sintaxe do afrikáans (Die fáses van die sintaktiese ontwikkeling van Afrikaans) Actualmente é profesora e catedrática do Departamento de Afrikáans e Holandés da Universidade de Stellenbosch, onde é titular da cátedra de prestixio dedicada á Práctica da Linguaxe (Tradución, Edición e Lexicografía) en afrikáans "Tot and Anet Vosloo". Ademais de ser a coordinadora do posgrado dos programas de Tradución e Lexicografía da mesma facultade. A súa investigación enfócase principalmente na sociolingüística da tradución e a súa importancia nos espacios culturais. É tamén coautora dunha obra fundamental para enseñanza do afrikáans Basiswoordeboek van Afrikaans (Diccionario Básico de Afrikáans) e unha das figuras clave na conexión entre a lexicografía europea e africana coa súa colaboración no European Master in Lexicography (EMLex). Ocupa importantes postos de liderazgo e cargos de xestión, como Presidenta da Academia Sudafricana de Ciencias e Artes (Suid-Afrikaanse Akademie vir Wetenskap en Kuns), Vicepresidenta da Asociación de Lexicografía de África (AFRILEX), Membro da Xunta Executiva da EST (European Society for Translation Studies) e é Fundadora de ATSA (Asociación de Estudos de Tradución en África) En 2022 gañou o Chancellor's Award, o Premio de Rector da Universidade de Stellenbosch por excelencia na investigación e a súa traxectoria académica continuada.

Publicacións relevantes e contexto sociocultural

Feinauer, I. (2023): Curatorial Practice as Translation: District Six Museum in Cape Town as Case Study, en Museums as Spaces of Cultural Translation, Tartu, University of Tartu Feinauer, I. (2021): Translation Studies in Africa: A Complex Systems Perspective, en Marais, K. (ed.): A Long Walk to Freedom: Charting a Way for Doing Comparative Translation Studies in Africa, Bloemfontein, SUN Media. ​ Marais, K. & Feinauer, I. (eds.) (2017): Translation Studies beyond the Postcolony, Bloemfontein, SUN Media Feinauer, I. & Lesch, H. M. (eds.) (2013): Contesting Boundaries: Translation Studies in 21st‑Century South Africa, Stellenbosch, SUN Media. Fourie, D. J. & Feinauer, I. (2005): The Translator as Mediator between Cultures, Stellenbosch Papers in Linguistics, 36, 63‑82, Stellenbosch, Department of General Linguistics, Stellenbosch University. Feinauer, I. (1996): Die negende deel van die Woordeboek van die Afrikaanse Taal, Lexikos, 6, 261‑270, Stellenbosch, Bureau of the WAT.

Extractos de obras
Presenza nos medios

Maroela Media. (2026). US-professor is nuwe voorsitter van SAAWK-raad: https://maroelamedia.co.za/nuus/us-professor-is-nuwe-voorsitter-van-saawk-raad/ Pym, A. (2010). Ilse Feinauer (translation scholar). [Vídeo]. YouTube: https://www.youtube.com/watch?v=S65xPjkSYA4 European Society for Translation Studies. (2026). EST Newsletter: Issue 65: https://www.um.edu.mt/library/oar/bitstream/123456789/129431/3/EST_Newsletter_65.pdf

Datos de interese

Ilse Feinauer destaca polo seu compromiso social, aplicando a tradución como ferramenta de recuperación da memoria histórica en museos de Sudáfrica. Foi a primeira académica africana en formar parte da dirección da Sociedade Europea de Estudos de Tradución (EST), consolidándose como a ponte principal entre a lexicografía europea e a africana a través de programas como o EMLex.

Fontes

Páxina web da Stellenbosch University (n.d.). Researcher Profile: Ilse Feinauer. Recuperado o 24 de xaneiro de 2026 de https://researcherprofiles.sun.ac.za/691-ilse-feinauer/publications Páxina web da Suid-Afrikaanse Akademie vir Wetenskap en Kuns (2026). Oorsig: Wie is ons. Recuperado o 24 de xaneiro de 2026 de https://www.akademie.co.za/oorsig/wie-is-ons Páxina web do European Master in Lexicography (n.d.). Lecturers: Ilse Feinauer. EMLex. Recuperado o 24 de xaneiro de 2026 de https://www.emlex.phil.fau.eu/about-us/publications/lecturers/feinauer/ Páxina web de Google Scholar (n.d.). Ilse Feinauer: Perfil de citas. Recuperado o 24 de xaneiro de 2026 de https://scholar.google.com/citations?user=nL2-sOcAAAAJ&hl=en Páxina web da KU Leuven (n.d.). Publishing in Translation Studies: Ilse Feinauer. CETRA. Recuperado o 24 de xaneiro de 2026 de https://www.arts.kuleuven.be/cetra/old-website/publishinginTS/ilse-feinauer Páxina web do SUNScholar Research Repository (n.d.). Translation and the academic curation of the District Six Museum. Recuperado o 24 de xaneiro de 2026 de https://scholar.sun.ac.za/ Páxina web da European Society for Translation Studies (n.d.). History of the Executive Board. Recuperado o 24 de xaneiro de 2026 de https://est-translationstudies.org/about/executive-board/ Páxina web do European Master in Lexicography (n.d.). Associate Partners: Stellenbosch University. EMLex. Recuperado o 24 de xaneiro de 2026 de https://www.emlex.phil.fau.eu/about-us/partners/ Páxina web da Suid-Afrikaanse Akademie vir Wetenskap en Kuns (2026). Jaarverslag e toesprake (Informe anual e discursos). Recuperado o 24 de xaneiro de 2026 de https://www.akademie.co.za/ Páxina web de YouTube (2010). Ilse Feinauer (translation scholar). Vídeo de Anthony Pym. Recuperado o 24 de xaneiro de 2026 de https://www.youtube.com/watch?v=S65xPjkSYA4 Foto: Páxina web de Maroela Media (2025). (US-professor is nuwe voorsitter van SAAWK-raad). Recuperado o 24 de xaneiro de 2026 de https://maroelamedia.co.za/nuus/us-professor-is-nuwe-voorsitter-van-saawk-raad/

Aut@r da entrada

Rebeca Göthlin González

Tradución da entrada

Rebeca Göthlin González

María José Domínguez Vázquez (dir), Lola Mosquera Sánchez, Deborah Chidimma Nebechukwu, U-Tong Sih - EMLex (autor@s do deseño e estrutura do dicionario). 2022. Mulleres na Lexicografía. En Fernández Rei, Elisa & Álvarez de la Granja, María (coords.), Lingua viva. Santiago de Compostela: Instituto da Lingua Galega. ilg.usc.gal/linguaviva [Consultado o 09/04/2026 ás 17:53].

Este dicionario está dispoñible baixo licenza Creative Commons Atribución 4.0 Internacional.

Inicia sesión para deixar un comentario.

Comentarios