Imaxe do dicionario
Autor@s do deseño e estrutura do dicionario / Authors of the design and structure of the dictionary: María José Domínguez Vázquez (dir), Lola Mosquera Sánchez, Deborah Chidimma Nebechukwu, U-Tong Sih - EMLex

Mulleres na Lexicografía / Women in Lexicography

GAL O principal obxectivo deste dicionario é visibilizar e reivindicar a mulleres relevantes no eido da lexicografía. O traballo ofrece información sobre a súa vida, traxectoria profesional, así como a súa bagaxe social e cultural. Destaca especialmente a súa contribución á lexicografía nos seus respectivos contextos. Esta obra desenvólvese como proxecto didáctico de aprendizaxe colaborativa no...
Ver descrición
Karpilovska, Yevgeniia

Creado por Lola o 15/01/2026 ás 15:02.

Nome / Name

Karpilovs’ka Yevgeniia Anatoliyivna (Карпіловська Євгенія Анатоліївна)

Foto / Photo
Linguas de traballo / Work languages

Ucraíno

Información biográfica / Biographical information

1957 (Ucraína)

Traxectoria profesional / Career description

Tras licenciarse en 1979 pola Universidade de Kíiv (Ucraína), traballou ata o 2011 no Instituto de Lingüística Oleksandr Potebny da Academia Nacional de Ciencias de Ucraína (Departamento de Lingüística Estrutural e Matemática), onde desenvolveu diversos cargos e funcións: axudante de laboratorio sénior, investigadora asociada junior, investigadora asociada, secretaria científica do instituto, secretaria científica sénior, investigadora asociada sénior e, finalmente, xefa do Departamento de Lingüística Estrutural e Matemática. Dende 2011, traballa no Instituto de Lingua Ucraína da Academia Nacional de Ciencias de Ucraína.

Publicacións relevantes e contexto sociocultural / Relevant publications and socio-cultural background

- Karpilovs’ka, E. A., Gryaznukhina,T. O. e Darchuk, N.P. (1998). “Обернений частотний словник сучасної української художньої прози” ("Dicionario de frecuencias inversas da prosa de ficción ucraína moderna"). Kíiv, Flash. - Karpilovs’ka, E. A., Klimenko, N. F., Kapilovsky, V.S. e Nedozim, T. I. (1998). «Словник афіксальних морфем української мови» ("Dicionario de morfemas afixais da lingua ucraína"). Kíiv, Instituto de Lingüística O.O. Potebny de Ucraína. - Karpilovs’ka, E. A. (2002). «Кореневий гніздовий словник української мови» ("Dicionario aniñado da lingua ucraína") (O primeiro en lexicografía ucraína). Kíiv, Enciclopedia Ucraína Bazhan. - Karpilovs’ka, E. A., Klymenko, N.F. e Kysliuk L.P. (2005). «Шкільний словотвірний словник сучасної української мови» ("Dicionario de vocabulario escolar da lingua ucraína moderna"). Kíiv, Editorial Naukova Dumka. - Karpilovs’ka, E. A. et al. (2016) 160. Ucraíno en Formación de palabras: Manual internacional das linguas de Europa, vol. 4. Berlín, Boston, De Gruyter Mouton.

Extractos de obras / Excerpts from work(s)
Datos de interese / Interesting facts

Foi secretaria responsable do Consello de Redacción da terceira edición da Enciclopedia da Lingua Ucraína. Dende o 2003 é membro da Comisión de Formación de Palabras Eslavas do Comité Internacional de Eslavistas.

Fontes / Sources

Páxina web do Institut of Language Studies: http://iml.basnet.by/karpilovska-ievhienija-anatoliyivna-karpilovskaia-ievhieniia-anatoljevna Foto: (2011). Ukrainian computer linguistics today. Polit.ua: http://polit.ua/lectures/2011/01/19/karpilovskaya.html

Aut@r da entrada / Author of the entry

Yuliia Kroviakova

Tradución da entrada / Translation of the entry

Lola Mosquera Sánchez

Autor@s do deseño e estrutura do dicionario / Authors of the design and structure of the dictionary: María José Domínguez Vázquez (dir), Lola Mosquera Sánchez, Deborah Chidimma Nebechukwu, U-Tong Sih - EMLex. 2000. Mulleres na Lexicografía / Women in Lexicography. En Fernández Rei, Elisa & Álvarez de la Granja, María (coords.), Lingua viva. Santiago de Compostela: Instituto da Lingua Galega. ilg.usc.gal/linguaviva [Consultado o 17/01/2026 ás 08:46].

Inicia sesión para deixar un comentario.

Comentarios