Mulleres na Lexicografía / Women in Lexicography
Tinatin Margalitadze
Xeorxiano, inglés
1956 (Tbilisi, Xeorxia) Tinatin Margalitadze é unha lexicógrafa xeorxiana que vive e traballa en Tbilisi, Xeorxia. Dedica a súa vida profesional ao ámbito da lexicografía, que entende como a súa gran paixón.
Tinatin Margalitadze estudou lingüística e inglés na Universidade Estatal de Tbilisi Ivane Javakhishvili (TSU) entre 1972 e 1977. Realizou os seus estudos de post-grao na TSU e en 1983 defendeu a súa tese de doutoramento titulada “Semántica estrutural e caracterización dos adxectivos en inglés moderno”. Ela considera que as súas investigacións sobre semántica, nomeadamente sobre polisemia e padróns polisémicos de unidades lexicais, lle abriron o camiño cara a lexicografía. Baseándose nesta investigación, deseñou un modelo propio de entrada de dicionario. Na década de 1980 foi convidada como editora do dicionario inglés-xeorxiano compilado no Departamento de Filoloxía Inglesa da Universidade Estatal de Tbilisi Ivane Javakhishvili. Desde entón, desenvolveu a súa carreira académica no Departamento de Filoloxía Inglesa da TSU. Simultaneamente, entre 1995 e 2020, foi directora científica Centro de Lexicografía da TSU. Tendo a lexicografía bilingüe como un dos seus intereses de investigación, defende que o coñecemento dunha lingua estranxeira non é suficiente para a compilación de dicionarios bilingües. Por este motivo, comezou a impartir un curso de lexicografía – “Introdución á lexicografía” – a nivel de grao. Pouco despois, liderou programas de mestrado (2009) e doutoramento (2011) en Lexicografía na TSU. En novembro de 2020, Tinatin Margalitadze trasladouse á Universidade Estatal de Ilia, onde fundou o Centro de Lexicografía e Tecnoloxías Lingüísticas. Nesta Universidade tamén promoveu en 2022 o programa de mestrado “Lexicografía, Termonoloxía e Tecnoloxías da Linguaxe". Nos estudos de doutoramento deseñou, cos seus colegas, un módulo de “Lingüística electrónica”, cuarto módulo do programa de doutoramento en Humanidades Dixitais. Ao longo da súa carreira foi responsábel de redacción e editora de varios dicionarios bilingües (inglés-xeorxiano), xerais e especializados.
1. Margalitadze, T., Meladze, G., & Pourtskhvanidze, Z. (2022). English-Georgian Parallel Corpus and its Application in Georgian Lexicography. Lexicos 32(2), 158-176. Este artigo describe o contido e a estrutura do corpus paralelo inglés-xeorxiano, así como a súa aplicabilidade real e potencial para varias actividades lexicográficas e proxectos de tradución automática. 2. Margalitadze, T. (2019). Towards Terminological Policy in Georgia. Proceedings of the International conference Humanities in the Information Society III. Batumi Shota Rustaveli State University Publishing House. 3. Margalitadze, T. (2018). New Platform for Georgian Online Terminological Dictionaries and Multilingual Dictionary Management System. Proceedings of XVIII EURALEX International Congress. Ljubljana, Slovenia. https://euralex.org/wp-content/themes/euralex/proceedings/Euralex%202018/118-4-2995-1-10-20180820.pdf Este artigo trata das tendencias observadas na terminoloxía moderna xeorxiana e do desenvolvemento dunha nova plataforma para dicionarios terminolóxicos bilingües inglés-xeorxiano e sistemas de xestión de dicionarios multilingües. 4. Margalitadze, T. (2015). The Comprehensive English-Georgian Online Dictionary and Translation of Shakespeare into Georgian. Proceedings of the International conference ‘Shakespeare 450’. 137 – 148. Publishing House ‘Universal’, Tbilisi. Esta investigación describe a metodoloxía utilizada para traballar con entradas do dicionario comprensivo inglés-xeorxiano, prestando atención especial ás necesidades de persoas da tradución de letras inglesas, entre as que se encontran os traballos de William Shakespeare. 5. Margalitadze, T. (2014). Some Methodological Issues of Compilation of New European-Georgian Academic Dictionaries. Proceedings of the International Conference ‘Humanities in the Information Society – II’. 308 – 313. Batumi University Press. Batumi. 6. Margalitadze, T. & Meladze, G. (2013). The Comprehensive English-Georgian Dictionary as a Basis for Bilingual European-Georgian Dictionaries. Electronic Bilingual Journal ‘Spekali’. Tbilisi State University. http://www.spekali.tsu.ge/index.php/en/article/viewArticle/7/62/ Este artigo céntrase en perspectivas para a creación de dicionarios bilingües de xeorxiano para linguas europeas, partindo do dicionario comprensivo inglés-xeorxiano. 7. Margalitadze, T. (2009). History of English-Georgian Lexicography in Georgia. Setting up a New Tradition. Proceedings of Batumi International Conference “Humanities in the Information Society”. Batumi University Press. Batumi. Tamén traballa activamente no desenvolvemento de corpus e dicionarios: • Corpus paralelo inglés-xeorxiano de textos científicos e ficción. - https://corp.dict.ge/ • Dicionario comprensivo inglés-xeorxiano - https://dictionary.ge// • Dicionario inglés-xeorxiano de termos militares - https://mil.dict.ge/ • Dicionario inglés-xeorxiano de termos da bioloxía - https://bio.dict.ge/ • Dicionario inglés-ruso-xeorxiano de termos técnicos - https://techdict.ge/ • Dicionario inglés-xeorxiano para aprendentes - https://en.bab.la/dictionary/english-georgian/ • Dicionario de estranxeirismos que entraron no xeorxiano a partir do ruso e do inglés. https://barbarisms.ge/ Os seus intereses de investigación inclúen a lexicografía bilingüe (xeral e especializada), o problema da equivalencia en linguas emparentadas e non emparentadas, modelos universais de polisemia, estrutura semántica da palabra e definicións de dicionarios, historia da lexicografía bilingüe xeorxiana, corpus paralelos, lexicografía baseada en corpus e tradución automática.
Esta é a ligazón do extracto da obra: https://dictionary.ge/ka/word/dream+I/
დილა ფორმულაზე / Dila Formulaze. (25 de xaneiro de 2022). უცხო ენის სწავლა მარტივად [Arquivo de vídeo]. Extraído de https://www.facebook.com/watch/?v=1142246703115959&ref=sharing TV old. (25 de abril de 2017). ბარბარიზმების ლექსიკონი - თინათინ მარგალიტაძე, ქეთევან ანთელავა [Arquivo de vídeo]. YouTube. https://www.youtube.com/watch?v=2PCUYzSsJVE&ab_channel=TVold CandyJamTV. (24 de maio de 2012). დილის ტალღა - თ. მარგალიტაძე [Arquivo de vídeo]. YouTube. https://www.youtube.com/watch?v=5iB2Bn2Nosg Landing, B. (19 de xullo de 2019). Entrevista con Tinatin Margalitadze. Unidade coordinadora de terminoloxía. https://termcoord.eu/2022/07/interview-with-tinatin-margalitadze/
Realiza un intenso labor no desenvolvemento e divulgación da lexicografía moderna e da terminoloxía en Xeorxia. Ao longo do tempo lanzou varios proxectos relacionados co traballo terminolóxico, desenvolvendo corpus paralelos inglés-xeorxiano, programas de tradución automática inglés-xeorxiano/xeorxiano-inglés. Está estreitando lazos entre a comunidade lexicográfica de Xeorxia e a internacional ao ser membro de asociacións internacionais e participar e organizar simposios e congresos internacionais. Algúns destes son o Simposio Internacional de Lexicografía en Batumi (2010, 2012) e o XVII Congreso Internacional da EURALEX en Tbilisi (2016). Desde 2017, é membro da Asociación Africana de Lexicografía (AFRILEX) e da Sociedade de Dicionarios de América do Norte (DSNA). Tamén é membro do consorcio do Mestrado Europeo en Lexicografía (EMLEX) e dá aulas de lexicografía de forma regular ao estudantado de EMLEX.
Ilia State University (n.d.). School of Arts and Sciences Academic Personnel. https://faculty.iliauni.edu.ge/arts/tinatin-margalitadze/?lang=en [05/02/2023] Landing, B. (2022, 19). Interview with Tinatin Margalitadze. Terminology Coordination Unit. https://termcoord.eu/2022/07/interview-with-tinatin-margalitadze/ Foto: Tinatin Margalitadze, Escola de Artes e ciencias/School of Arts and Sciences, Ilia State University. Consultado en 10 de febreiro de 2023, https://faculty.iliauni.edu.ge/arts/tinatin-margalitadze/?lang=en
Ketevani Tchigladze
Iván Arias Arias
Autor@s do deseño e estrutura do dicionario / Authors of the design and structure of the dictionary: María José Domínguez Vázquez (dir), Lola Mosquera Sánchez, Deborah Chidimma Nebechukwu, U-Tong Sih - EMLex. 2000. Mulleres na Lexicografía / Women in Lexicography. En Fernández Rei, Elisa & Álvarez de la Granja, María (coords.), Lingua viva. Santiago de Compostela: Instituto da Lingua Galega. ilg.usc.gal/linguaviva [Consultado o 17/01/2026 ás 07:11].
Inicia sesión para deixar un comentario.