Mulleres na Lexicografía / Women in Lexicography
Carolina Michaëlis de Vasconcelos (née Karoline Michaelis)
Alemán, latín, portugués e outras linguas europeas/clásicas
1851 (Berlín, Prusia (hoxe Alemaña)) - 1925 (Porto, Portugal) Nada no seo dunha familia de académicos, Carolina estivo escolarizada ata os 16 anos. Nunha época na que ás mulleres non lles estaba permitido asistir á universidade, recibiu educación formal na casa ata os 25 anos por parte dun amigo da familia. Durante os anos de ensino na casa, chegou a dominar varias linguas romances e clásicas. Con tan só 20 anos, xa estaba exercendo de intérprete para o Ministerio de Asuntos Interiores. Tras debater sobre unha tradución ao portugués da obra de Goethe "Fausto", o que sería o seu futuro marido, Joaquim António da Fonseca Vasconcelos (1849 - 1536), historiador e crítico de arte portugués, cortexouna ata Berlín. Tras o seu casamento, a parella trasladouse a Portugal. No seu novo país, Carolina seguiu adicándose ao estudo das linguas. Incluso estando encinta, a lexicógrafa frecuentaba as bibliotecas nas que investigaba. Nesa mesma etapa, Michaëlis iniciou unha correspondencia postal con intelectuais portugueses co fin de manter discusións académicas. Unha gran colección desta correspondencia postal atópase na Universidade de Coimbra, Portugal.
No 1911, Carolina foi nomeada profesora de Lingua Alemá na Universidade de Lisboa. Un ano despois, en 1912, trasladouse á Universidade de Coimbra, convertíndose así na primeira muller docente do sistema universitario portugués. Ese mesmo ano foi nomeada membro da prestixiosa Academia das Ciências de Lisboa, sendo unha das dúas primeiras mulleres en recibir este recoñecemento (xunto con Maria Amália Vaz de Carvalho). No relativo á lexicografía, axudou a súa irmá Henriette na publicación de numerosos dicionarios bilingües editados hoxe pola editorial brasileira Editora Melhoramentos. Ata o final da súa vida, Carolina Michaëlis comprometeuse coa causa feminista.
1. Dicionário Etimológico das Línguas Hispânicas (sen data). Non se poden atopar recursos para esta publicación. 2. Dicionários Michaelis Unha colaboración de Carolina Michaëlis e súa irmá Henriette. Dispoñibles en varias linguas europeas e en xaponés. Acceso no seguinte link: https://michaelis.uol.com.br/
Dicionários Michaelis, unha serie de dicionarios publicada pola Editora Melhoramentos Ltda. Unha mostra de «Michaelis Dicionário de Expressões Idiomáticas Inglês-Português» (2016) pode consultarse en Google Book (Última consulta: 14 Nov 2022).
● Varias rúas levan o seu nome na súa homenaxe en Lisboa (1972) e Berlín (2005), a súa cidade natal, así como un instituto de Porto e a estación de metro máis preta. ● No ano 2006, Carolina apareceu representada nunha tira de selos postais conmemorativos emitida en Portugal.
Bibliografía: ● Cambraia, César N. (2015). Das edições de Carolina Michaëlis de Vasconcelos: teoria da crítica textual na prática. In: Condé, Valéria G. et al. (Eds.) (2015). Carolina Michaëlis de Vasconcelos: Uma Homenagem. NEHiLP/FFLCH/USP. ● Carolina Michaëlis. (2022, October 29). In Wikipedia. https://pt.wikipedia.org/wiki/Carolina_Micha%C3%ABlis Traballo lexicográfico/: ● Carolina’s dictionaries. Editora Melhoramentos Ltda. https://michaelis.uol.com.br/ ● Nash, Mark G. & Willians Ramos Ferreira. (2016). Michaelis Dicionário de Expressões Idiomáticas Inglês-Português, Editora Melhoramentos. https://books.google.es/books?id=boS6DQAAQBAJ&dq=micha%C3%ABlis+dicionario&source=gbs_navlinks_s Fotos: ● Wikimedia Commons. https://commons.wikimedia.org/wiki/File:Carolina_Micha%C3%ABlis.jpg ● Nash, Mark G. & Willians Ramos Ferreira. (2016). Michaelis Dicionário de Expressões Idiomáticas Inglês-Português, Editora Melhoramentos. https://books.google.es/books?id=boS6DQAAQBAJ&dq=micha%C3%ABlis+dicionario&source=gbs_navlinks_s
U-Tong Sih
Lola Mosquera Sánchez
Autor@s do deseño e estrutura do dicionario / Authors of the design and structure of the dictionary: María José Domínguez Vázquez (dir), Lola Mosquera Sánchez, Deborah Chidimma Nebechukwu, U-Tong Sih - EMLex. 2000. Mulleres na Lexicografía / Women in Lexicography. En Fernández Rei, Elisa & Álvarez de la Granja, María (coords.), Lingua viva. Santiago de Compostela: Instituto da Lingua Galega. ilg.usc.gal/linguaviva [Consultado o 17/01/2026 ás 07:11].
Inicia sesión para deixar un comentario.