Imaxe do dicionario
Autor@s do deseño e estrutura do dicionario / Authors of the design and structure of the dictionary: María José Domínguez Vázquez (dir), Lola Mosquera Sánchez, Deborah Chidimma Nebechukwu, U-Tong Sih - EMLex

Mulleres na Lexicografía / Women in Lexicography

GAL O principal obxectivo deste dicionario é visibilizar e reivindicar a mulleres relevantes no eido da lexicografía. O traballo ofrece información sobre a súa vida, traxectoria profesional, así como a súa bagaxe social e cultural. Destaca especialmente a súa contribución á lexicografía nos seus respectivos contextos. Esta obra desenvólvese como proxecto didáctico de aprendizaxe colaborativa no...
Ver descrición
Moliner Ruiz, María Juana

Creado por Lola o 16/01/2026 ás 15:23.

Nome / Name

María Juana Moliner Ruiz

Foto / Photo
Linguas de traballo / Work languages

Aragonés, español

Información biográfica / Biographical information

1900 (Zaragoza, Espàña) / 1981 (Madrid, España) Lexicógrafa e bibliotecaria

Traxectoria profesional / Career description

Nada no seo dunha familia acomodada, María Moliner puido estudar Filosofía e Letras (especialidade de Historia) na Universidade de Zaragoza, onde se graduou en 1921 con premio extraordinario de fin de carreira. Sendo estudante comezou a colaborar na compilación do Diccionario Aragonés. Ao ano seguinte da súa graduación aprobou as oposicións nacionais ao corpo de Arquiveiros, Bibliotecarios e Arqueólogos e realizou as súas prácticas na Biblioteca Nacional de España, sendo o seu primeiro destino o Arquivo de Simancas. Tras unha vida profesional adicada principalmente ao seu traballo como bibliotecaria e véndose tremendamente perxudicada polo contexto político e social de España (Guerra Civil e Ditadura Franquista), xubilouse en 1970 como directora da Biblioteca da Escola Técnica Superior de Enxeñeiros Industriais de Madrid. Arredor de 1950, María Moliner comezaría o “Diccionario de Uso del Español”, obra que chegou a reimprimirse unha vintena de veces tan só na súa primeira edición e que a convertiu na lexicógrafa máis notable do panorama lexicográfico español. O Premio Nobel de Literatura Gabriel García Márquez escribiu no 1981 no xornal El País que “María Moliner hizo una proeza con muy pocos precedentes: escribió sola, en su casa, con su propia mano, el diccionario más completo, más útil, más acucioso y más divertido de la lengua castellana, dos veces más largo que el de la Real Academia de la Lengua, y –a mi juicio- más de dos veces mejor” [María Moliner fixo unha proeza con moi poucos precedentes: escribiu soa, na súa casa, coa súa propia man, o dicionario máis completo, máis útil, máis acucioso e máis divertido da lingua castelá, dúas veces máis longo que o da Real Academia da Lingua, e –ao meu xuízo- máis de dúas veces mellor]. As principais novidades do dicionario radican no propio obxectivo de que este sirva de instrumento de guía no uso do español tanto para falantes nativos como para estudantes desta lingua. Ademais, no prólogo da primeira edición do dicionario a propia autora indica unha característica central: o empleo dun “sistema de sinónimos, palabras afines y referencias que constituye una clave superpuesta al diccionario de definiciones para conducir al lector desde la palabra que conoce al modo de decir que desconoce" [sistema de sinónimos, palabras afíns e referencias que constitúe unha clave superposta ao dicionario de definicións para conducir ao lector desde a palabra que coñece ao modo de dicir que descoñece]. Neste mesmo prólogo Moliner subliña que as definicións no seu dicionario están “vertidas de una forma más actual, más concisa, despojada de retoricismo, y, en suma, más ágil y más apta para la función práctica asignada al diccionario” [vertidas dunha forma máis actual, máis concisa, desposuída de retoricismo, e, en suma, máis áxil e máis apta para a función práctica asignada ao dicionario”].

Publicacións relevantes e contexto sociocultural / Relevant publications and socio-cultural background

- MOLINER, M. (1967). Diccionario de uso del español, (1a. ed.). Madrid: Gredos.

Ligazóns / Links

MOLINER, M. (1967). Diccionario de uso del español, (1a. ed.). Madrid: Gredos. https://cvc.cervantes.es/lengua/mmoliner/diccionario_caracteristicas.htm

Extractos de obras / Excerpts from work(s)
Presenza nos medios / Media presence

A presenza de María Moliner nos medios a través de documentais e prensa escrita é moi ampla e diversa. • “MARÍA MOLINER, la innovadora BIBLIOTECARIA oculta tras el diccionario” I RTVE Noticias: https://www.youtube.com/watch?v=2TK0JyYq-Jc • “María Moliner y el diccionario más divertido del español”, Borja Odriozola: https://www.youtube.com/watch?v=Ojfw9iRK0n4 • “María Moliner: mujer, bibliotecaria y lexicógrafa”, Documental, cedido pola Dirección General de Cultura del Gobierno de Aragón y que se publica ligado á Exposición na Escuela Industriales UPM: 'María Moliner: mujer, bibliotecaria y lexicógrafa' organizada pola Biblioteca da ETSII e pola Biblioteca Tomás Navarro Tomás: https://www.youtube.com/watch?v=AxaxAPrKOCc • Acto conmemorativo do 50º aniversario da primeira publicación do Diccionario de uso del Español, organizado pola Biblioteca Nacional de España e a Editorial Gredos: https://www.youtube.com/watch?v=W8G8lPBFbTU • “Imprescindibles - Tendiendo Palabras sobre María Moliner”, Radio Televisión Española, 21/11/2018 [trailer]: https://www.rtve.es/play/videos/programa/imprescindibles-trailer-tendiendo-palabras-sobre-maria-moliner/4850839/ Xunto coa existencia de moitos traballos xornalísticos, María Moliner conta coa biografía “El exilio interior. La vida de María Moliner”(Inmaculada de la Fuente, 2011, Turner Noema) e cunha biografía dirixida aos máis pequenos: “La ciudad de palabras, vida de María Moliner” (Alejandro Pedregosa, 2023).

Datos de interese / Interesting facts

María Moliner foi unha persoa moi comprometida política e culturalmente; unha activista convencida. Durante a II República colaborou como profesora de Literatura e Gramática na Escuela Cossío, que seguía os preceptos da Escuela Libre de Enseñanza. Tamén se involucrou nas Misións Pedagóxicas da República encargándose da organización das bibliotecas rurais. O seu compromiso coa defensa da cultura e das bibliotecas como tesoureiras da mesma, levouna a convertirse en Bibliotecaria da Universidade de Valencia, cargo que tivo que abandoar en 1937 debido á Guerra Civil. Ao rematar o conflito bélico foi sancionada descendendo 18 postos no escalafón do Corpo de Arquiveiros e Bibliotecarios; estatus que non recuperaría ata 1958. Tamén foi poineira por ser a primeira muller que impartiu docencia na Universidade de Murcia a mediados dos anos 20. Foi proposta para ser a primeira muller en entrar a formar parte da Real Academia de la Lengua Española. A candidatura seleccionada foi, non obstante, a de Emilio Alarcos Llorach. No ano 1972 Moliner manifestaba nunha entrevista de El Heraldo de Aragón o seguinte: “Sí, mi biografía es muy escueta en cuanto a que mi único mérito es mi diccionario. Es decir, yo no tengo ninguna obra que se pueda añadir a esa para hacer una larga lista que contribuya a acreditar mi entrada en la Academia [...] Mi obra es limpiamente el diccionario.” Más adelante agrega: “Desde luego es una cosa indicada que un filósofo -por Emilio Alarcos- entre en la Academia y yo ya me echo fuera, pero si ese diccionario lo hubiera escrito un hombre, diría: «¡Pero y ese hombre, cómo no está en la Academia!”. [Si, a miña biografía é moi concisa en canto a que o meu único mérito é o meu dicionario. É dicir, eu non teño ningunha obra que se poida engadir a esa para facer unha longa listaxe que contribúa a acreditar a miña entrada na Academia [...] A miña obra é limpamente o dicionario. Máis adiante engade: Desde logo é unha cousa indicada que un filósofo -por Emilio Alarcos- entre na Academia e eu xa me boto fóra, pero se ese dicionario o escribise un home, diría: «Pero e ese home, como non está na Academia!”. Despois da súa xubilación o Ministeiro de Educación acordou o seu ingreso na Orde Civil de Alfonso X o Sabio. Son moitos os exemplos da impronta da lexicógrafa zaragozana na sociedade. Así, por exemplo, foi estreada a “Ópera María Moliner” (https://bit.ly/3XWOcRC), a obra de teatro Diccionario do dramaturgo Manuel Calzada Pérez e incluso existe un capítulo de debuxos animados sobre ela: “Lunnis de Leyenda - María Moliner” (Clan TVE: https://www.youtube.com/watch?v=YLJK2ins_yU). Como curiosidade subliñar que a promoción 2020-2022 do Mestrado Erasmus Mundus en Lexicografía leva o seu nome.

Fontes / Sources

1. Fotos: El Español: [Retrato da lexicógrafa] https://www.bbc.com/mundo/noticias-38071911 Instituto Cervantes: [Cuberta do dicionario] https://cvc.cervantes.es/lengua/mmoliner/diccionario_caracteristicas.htm 2. Bibliografía: ● Páxina do Instituto Cervantes: https://cvc.cervantes.es/lengua/mmoliner/biografia02.htm ● Páxina da Real Academia de la Historia: https://dbe.rah.es/biografias/12970/maria-juana-moliner-ruiz ● Martín Zorraquino, M. A. (2010). María Moliner y su contribución a la lectura pública en España. Cien años de Filología en Aragón. VI Curso sobre Lengua y Literatura en Aragón. José-Carlos Mainer y José Mª Enguita (eds.), Zaragoza, 223-240. https://ifc.dpz.es/recursos/publicaciones/25/60/_ebook.pdf ● Martín Zorraquino, M. A. (2006). María Moliner filóloga por vocación y por su obra. Participación Educativa, 1, 127-142. https: https://ifc.dpz.es/recursos/publicaciones/34/07/12mariamoliner.pdf ● López, N. 2020. María Moliner. http://portlex.usc.gal/emlex2020/maria-moliner/ ● Porto Dapena, J. Á. (2003). El Dicionario de María Moliner, en Martín Zorraquino, M. A. e Aliaga Jiménez, J. L., La lexicografía hispánica en el siglo XXI. Balance y perspectivas: actas del Encuentro de Lexicógrafos celebrado en Zaragoza, en el marco del centenario de María Moliner. IFC-Deartamento de Educación, Cultura y Deporte del Gobierno de Aragón, Zaragoza, 167-192. ● 2023. “María Moliner, la aragonesa vetada por la RAE que publicó un diccionario y se convirtió en referente de la lengua española”. Hoy Aragón: https://hoyaragon.es/cultura-aragon/maria-moliner-la-aragonesa-vetada-por-la-rae-que-publico-un-diccionario-y-se-convirtio-en-referente-de-la-lengua-espanola/ ● 2017. “María Moliner, la mujer que escribió sola y a lápiz un diccionario dos veces más largo que el DRAE”. Vozpópuli: https://www.vozpopuli.com/altavoz/cultura/maria-moliner-escribio-diccionario-drae_0_1002500789.html

Aut@r da entrada / Author of the entry

María José Domínguez Vázquez / Lola Mosquera Sánchez

Tradución da entrada / Translation of the entry

María José Domínguez Vázquez / Lola Mosquera Sánchez

Autor@s do deseño e estrutura do dicionario / Authors of the design and structure of the dictionary: María José Domínguez Vázquez (dir), Lola Mosquera Sánchez, Deborah Chidimma Nebechukwu, U-Tong Sih - EMLex. 2000. Mulleres na Lexicografía / Women in Lexicography. En Fernández Rei, Elisa & Álvarez de la Granja, María (coords.), Lingua viva. Santiago de Compostela: Instituto da Lingua Galega. ilg.usc.gal/linguaviva [Consultado o 17/01/2026 ás 07:11].

Inicia sesión para deixar un comentario.

Comentarios