Imaxe do dicionario
Autor@s do deseño e estrutura do dicionario / Authors of the design and structure of the dictionary: María José Domínguez Vázquez (dir), Lola Mosquera Sánchez, Deborah Chidimma Nebechukwu, U-Tong Sih - EMLex

Mulleres na Lexicografía / Women in Lexicography

GAL O principal obxectivo deste dicionario é visibilizar e reivindicar a mulleres relevantes no eido da lexicografía. O traballo ofrece información sobre a súa vida, traxectoria profesional, así como a súa bagaxe social e cultural. Destaca especialmente a súa contribución á lexicografía nos seus respectivos contextos. Esta obra desenvólvese como proxecto didáctico de aprendizaxe colaborativa no...
Ver descrición
Nazaryan, Rubina

Creado por sedahovhannisyan o 15/01/2026 ás 13:54.

Nome / Name

Rubina Nazaryan (En armenio: Ռուբինա Նազարյան)

Foto / Photo
Linguas de traballo / Work languages

Armenio, ruso e inglés

Información biográfica / Biographical information

Rubina naceu o día 23 de novembro de 1944 en Beirut, no Líbano. En 1946 a súa familia mudouse a Iereván, capital de Armenia, para estableceren alí a súa residencia permanente.

Traxectoria profesional / Career description

Rubina estudou na Escola nº 80 e aos 16 anos, grazas ás súas excelentes notas, foi admitida no Departamento de Filoloxía da Universidade Estatal de Iereván, onde foi alumna dos académicos Gevorg Jahykyan e Edward Jrbashyan. Grazas á mediación deste último, Rubina Nazaryan foi contratada aos 18 anos como guía turística na casa-museo de Hovhanes Tumanyan. Graduouse na universidade en 1966. En setembro de 1968 Rubina Nazaryan comezou a traballar na Escola francesa nº 119 de Iereván, onde ensinou lingua e literatura armenia e posteriormente, historia eclesiástica armenia. Estivo 33 anos traballando na escola. Recibiu ofertas de emprego de varias institucións de ensino, así como unha oferta para o posto de directora da Escola nº 68 de Iereván que rexeitou. Nos anos seguintes, tivo que mudarse aos EAU, onde vivía a súa familia. Desde 2003 até ao seu regreso a Armenia traballou no complexo educativo “Narek” en Glendale como profesora de lingua e literatura armenias. Tamén editou a revista escolar “Narek”, que continúa a ser redactada e publicada por Rubina Nazaryan.

Publicacións relevantes e contexto sociocultural / Relevant publications and socio-cultural background

Rubina Nazaryan é autora de aproximadamente 30 obras, mais o certo é que a dicionario «Մայրենին բոլորի համար» [“Armenio para todo o mundo”] (Iereván, 1994) outorgou á autora grande recoñecemento e fama. O dicionario «Մայրենին բոլորի համար» [“Armenio para todo o mundo”], tamén coñecido como libro amarelo (non se sabe quen o denominou así nin cando, mais cómpre sinalar que ten sido sempre reimpreso pola editora “Oskan Yerevantsi” en cor amarela) presenta imaxes para cada palabra, ademais de ter un enorme valor ortográfico e materiais didácticos para ditados. Existen numerosas novas edicións que foron constantemente actualizadas e enriquecidas, e utilizouse durante trinta anos como libro de texto en escolas armenias. De incalculábel valor son tamén moitos dicionarios escritos por Rubina Nazaryan. O dicionario «Հայերեն դպրոցական բացատրական բառարան» [“Dicionario para estudantes”] (Iereván, 2016) foi escrito nos EAU e publicado en Armenia. O «Հայերեն բառապատկերների դպրոցական բառարան» [“Dicionario visual para estudantes”] (Iereván, 2019) ten como obxectivo desenvolver a actitude crítica e lóxica dos usuarios, así como a súa habilidade para comprenderen o mundo. En 2016 Rubina Nazaryan, xunto coa súa neta de 14 anos Rubina Nazaryan, publicou a Biblia «Հիսուս Քրիստոսի Ավետարանը դպրոցականների համար» [“O Evanxeo de Xesús Cristo para a infancia”] (Iereván, 2016). Acostumaba darse como presente a nenos na escola e non estaba dispoñíbel á venda. Tamén realizou cooperacións co pedagogo A. Gyodakyan, entre as que cómpre destacar as seguintes: , «Հայերեն ուղղագրական դպրոցական բառարան» [“Dicionario ortográfico de armenio para a infancia”] (Iereván, 2004), «Հայերեն բառապատկերների դպրոցական բառարան» [“Dicionario visual para estudantes”] (Iereván, 2019), ), «Հայերեն անձնանունների դպրոցական բառարան» [“Dicionario de antropónimos para a infancia”] (Iereván, 2004).

Ligazóns / Links

Extracto de obra: https://online.fliphtml5.com/fruqf/zxdt/#p=1 O dicionario«Մայրենին բոլորի համար» [“Armenio para todo o mundo”], que xa se mencionou anteriormente, é unha obra ideal para as persoas que precisan de auxilio ao aprenderen armenio. Boa parte da mocidade armenia que desexa entrar na universidade ten que usar este dicionario. A continuación, pódese ver un exercicio sobre lexicografía en armenio retirada do dicionario.

Extractos de obras / Excerpts from work(s)
Datos de interese / Interesting facts

A Rubina adoita atribuírselle a rara habilidade de, dependendo da ocasión, crear de forma espontánea metodoloxías novas e extraordinarias nas aulas, convertendo as sesións en dinámicas. “O xogo sempre foi unha marca clara das miñas aulas” – afirma no seu libro «Կյանքիս հուշերից» [“Lembranzas da miña vida”] (Os Ánxeles, 2016). “É unha forma altamente efectiva de ensinar, educar e, do punto de vista psicolóxico, querer a profesora e conectar co grupo”. «Կյանքիս հուշերիցը» “Lembranzas da miña vida” non é unha obra de introspección da autora, nin un libro de carácter descritivo e avaliador. Trátase, en primeiro lugar, da historia de varias xeracións e é unha obra en que se aprecia o proceso de desenvolvemento e de culminación da escola armenia. Coñecida como “a raíña da escola armenia”, Rubina Nazaryan continúa a facer investigación creativa e contribucións incalculábeis á vida das escolas armenias. Outorgáronlle o título de “Profesora Distinguida da República de Armenia” e recibiu, xa no ámbito científico, a medalla “Movses Khorenatsi”, máxima distinción na República de Armenia. Así mesmo, déronlle a medalla de ouro do Ministerio de Ciencia e Educación, rendéronlle varios honores, e entregáronlle certificados, aspectos sobre os cales até existen filmes documentais.

Fontes / Sources

1. Foto: fonte privada. Hovhannisyan, S. (2023): Entrevista coa lexicógrafa R. Nazaryan. Makaryan, A. (2022): “Rubina Nazaryan: do libro de texto “Armenio para todo o mundo” á historia de dúas nacións (URSS e República de Armenia)”. Aravot. https://www.aravot.am/2022/02/24/1249545/. Nazaryan, R. (2016): “Lembranzas da miña vida”. Os Ánxeles.

Aut@r da entrada / Author of the entry

Seda Hovhannisyan

Tradución da entrada / Translation of the entry

Iván Arias Arias

Autor@s do deseño e estrutura do dicionario / Authors of the design and structure of the dictionary: María José Domínguez Vázquez (dir), Lola Mosquera Sánchez, Deborah Chidimma Nebechukwu, U-Tong Sih - EMLex. 2000. Mulleres na Lexicografía / Women in Lexicography. En Fernández Rei, Elisa & Álvarez de la Granja, María (coords.), Lingua viva. Santiago de Compostela: Instituto da Lingua Galega. ilg.usc.gal/linguaviva [Consultado o 17/01/2026 ás 08:46].

Inicia sesión para deixar un comentario.

Comentarios