Imaxe do dicionario
Autor@s do deseño e estrutura do dicionario / Authors of the design and structure of the dictionary: María José Domínguez Vázquez (dir), Lola Mosquera Sánchez, Deborah Chidimma Nebechukwu, U-Tong Sih - EMLex

Mulleres na Lexicografía / Women in Lexicography

GAL O principal obxectivo deste dicionario é visibilizar e reivindicar a mulleres relevantes no eido da lexicografía. O traballo ofrece información sobre a súa vida, traxectoria profesional, así como a súa bagaxe social e cultural. Destaca especialmente a súa contribución á lexicografía nos seus respectivos contextos. Esta obra desenvólvese como proxecto didáctico de aprendizaxe colaborativa no...
Ver descrición
Petrovna, Anastasia

Creado por Akerke o 16/01/2026 ás 14:02.

Nome / Name

Anastasia Petrovna Evgenieva (Russian: Анастасия Петровна Евгеньева)

Foto / Photo
Linguas de traballo / Work languages

Ruso

Información biográfica / Biographical information

(10 de novembro de 1899, Kostroma— 10 de novembro de 1985, Leningrado)

Traxectoria profesional / Career description

Anastasia Petrovna Evgenieva completou a súa educación de 8º grao no instituto e traballou como profesora de primaria desde 1917 ata 1922. Posteriormente, formou parte dunha escola-comuna experimental en Kostroma. A seguir, o Sindicato de Educadores enviouna á A. I. Herzen LGPI, en concreto ao departamento de lingua e literatura rusa. En 1926, graduouse con éxito na A. I. Herzen LGPI e tamén realizou alí estudos de posgrao desde 1938 ata 1941. Despois de graduarse en 1926, ensinou lingua e literatura rusa en Leningrado en varias institucións, incluíndo a escola do traballo nº 181, o Colexio de Pasta e Papel e a Escola I.P. Pavlov nº 16. Durante 1935-1936, ensinou estilística práctica no departamento nocturno da LGPI. En 1941, defendeu o seu traballo de posgraduado centrada na "Lingua das epopeas nas crónicas do século XVII". Durante a Segunda Guerra Mundial, foi evacuada a Yaransk, onde traballou como profesora asociada no Departamento de Literatura Rusa do Instituto Pedagóxico de Kirov ata outubro de 1943. Entre 1946 e 1950, participou en investigacións dialectais nas rexións de Pskov, Novgorod e Arkhangelsk. De 1943 a 1947, realizou estudos de doutoramento no ámbito da literatura rusa antiga no IRLI. En 1950, defendeu con éxito a súa tese de doutoramento titulada "Ensaios sobre a lingua da poesía oral rusa dos séculos XVII-XIX". Dende entón, ata a súa morte, traballou en varias institucións da Academia de Ciencias da URSS.

Publicacións relevantes e contexto sociocultural / Relevant publications and socio-cultural background

En 1954, Anastasia Petrovna Evgenieva foi nomeada catedrática e xogou un papel fundamental na formación da seguinte xeración de lexicógrafas/os académicas/os, que incluía a E.E. Birzhakova, E.A. Ivannikova, L.L. Kutina e outras/os. Tamén participou activamente na edición de dicionarios, como o "Малый академический словарь" (Pequeno Dicionario Académico) en 4 volumes (1957-1961) e o "Словарь синонимов русского языка" (Dicionario de Sinónimos da Lingua Rusa) en 2 volumes (1970-1971).

Ligazóns / Links

Extracto de obra: Евгеньева, А. П. (1999). Словарь русского языка. В 4-х томах. Изд. 4-е, стер. [Eugeneva, A. P. (1999). Diccionario da Lingua Rusa. En 4 volumes, 4. Edición revidada]

Extractos de obras / Excerpts from work(s)
Datos de interese / Interesting facts

O Premio Pushkin (1974) foille concedido polo traballo de preparación dun "Dicionario de Sinónimos da Lingua Rusa" en dous volumes.

Fontes / Sources

Evgenieva, Anastasia Petrovna. (2023). En Wikipedia. Recuperado o 23 de novembro de 2023: Евгеньева, Анастасия Петровна — Википедия (wikipedia.org) Evgenieva, Anastasia Petrovna | ИЛИ РАН. (n.d.). Recuperado o 23 de novembro de 2023: https://nenadict.iling.spb.ru/persons/evgeneva-anastasiya-petrovna?ysclid=lpadyxsumh912663831

Aut@r da entrada / Author of the entry

Akerke Yessenali

Tradución da entrada / Translation of the entry

María Álvarez de la Granja

Autor@s do deseño e estrutura do dicionario / Authors of the design and structure of the dictionary: María José Domínguez Vázquez (dir), Lola Mosquera Sánchez, Deborah Chidimma Nebechukwu, U-Tong Sih - EMLex. 2000. Mulleres na Lexicografía / Women in Lexicography. En Fernández Rei, Elisa & Álvarez de la Granja, María (coords.), Lingua viva. Santiago de Compostela: Instituto da Lingua Galega. ilg.usc.gal/linguaviva [Consultado o 17/01/2026 ás 08:46].

Inicia sesión para deixar un comentario.

Comentarios