Imaxe do dicionario
Autor@s do deseño e estrutura do dicionario / Authors of the design and structure of the dictionary: María José Domínguez Vázquez (dir), Lola Mosquera Sánchez, Deborah Chidimma Nebechukwu, U-Tong Sih - EMLex

Mulleres na Lexicografía / Women in Lexicography

GAL O principal obxectivo deste dicionario é visibilizar e reivindicar a mulleres relevantes no eido da lexicografía. O traballo ofrece información sobre a súa vida, traxectoria profesional, así como a súa bagaxe social e cultural. Destaca especialmente a súa contribución á lexicografía nos seus respectivos contextos. Esta obra desenvólvese como proxecto didáctico de aprendizaxe colaborativa no...
Ver descrición
Rey-Debove, Josette

Creado por Maruxa o 16/01/2026 ás 14:28.

Nome / Name

Josette Rey-Debove

Foto / Photo
Linguas de traballo / Work languages

Francés

Información biográfica / Biographical information

Calais, Francia, 16 de novembro de 1929-Senegal,22 de febreiro de 2005.

Traxectoria profesional / Career description

Josette Rey-Debove (1929-2005) foi una semióloga e lexicógrafa francesa, cunha traxectoria de indubidábel esplendor tanto en Francia e no Canadá como no resto do mundo. No seu país é especialmente recoñecida por ser membro dos equipos de redacción dos dicionarios Le Robert, lexicóns de absoluta referencia en Francia e publicados pola editorial homónima dende os anos sesenta. Entre estes repertorios destacan o pequeno, "Le petit Robert", que transformou o mundo dos dicionarios escolares e do que foi codirectora, e o grande, "Le grand Robert", unha obra monumental en seis volumes titulada “Dictionnaire alphabétique et analogique de la langue française”, traballo no que tamén participaron Alain Rey e Henri Cottez e do que foi secretaria de redacción. Ademais destas obras tan significativas, tamén cabe atribuírlle repertorios importantes como o “Dictionnaire méthodique du français actuel" (1982), o "Dictionnaire des anglicismes" (1991) ou "Le Robert du français langue étrangère” (1998). Falar de Rey-Debove non é falar soamente dunha gran facedora de dicionarios ou dunha lexicóloga e semióloga de renome na universidade francesa (na Soborna e na extinta Denis Diderot), senón dunha das persoas que máis influencia exerceu nas teorías lexicolóxicas modernas, especialmente nas europeas, transformadas polas súas contribucións. Neste eido, cabe atribuírlle o feito de situar a unidade léxica no centro dos estudos lingüísticos europeos. Conceptos xa moi habituais en lexicoloxía, como poden ser a definición relacional ou a definición substancial, remiten sempre á nosa autora. En palabras de Teresa Cabré (2006: 634), o seu legado teórico apuntou en tres direccións: «A metalinguaxe de descrición e representación do léxico, a estruturación morfosemántica do léxico e a organización interna das palabras». A súa carreira universitaria dá conta deste prestixio incrementado durante décadas. Licenciouse en Letras na Universidade da Soborna, institución na que defendeu a súa tese de doutoramento, “Estudo lingüístico e semiótico dos dicionarios franceses contemporáneos”, traballo que se converteu nun dos textos máis relevantes da súa carreira e cuxo título permite albiscar os dous eidos nos que Rey-Debove sobresaíu: a semiótica e a lexicografía. Con respecto á ciencia dos signos, compre salientar a súa obra “Ensaios de semiótica” (1971), na que contou coa colaboración de mulleres do talle de Jean Umiker e Julia Kristeva. Asemade, ademais de dirixir a comisión editorial da familia dos Robert e de ser unha entusiasta profesora universitaria, o seu espírito inquedo levouna a outras moitas angueiras: é preciso sinalar a súa estadía nos Estados Unidos, onde traballou na Universidade de Indiana Bloomington, de tanto impacto nos estudos lingüísticos, ou mesmo a impartición dende 2002 dun seminario sobre lexicoloxía na prestixiosa École des hautes études en sciences sociales. Por se fose pouco, cabe destacar o seu labor no Québec, onde contribuíu a pór en marcha a oficina quebequesa da lingua francesa nos anos 70, tempo en que se estableceu a Carta da lingua francesa. Esta oficina, na que fixo achegas sobre terminoloxía, neoloxía e metodoloxía do traballo terminolóxico, segue a ser unha referencia hoxe en día. A súa figura transcende o puramente lingüístico. Foi nomeada polo Ministerio de Funcións Públicas para dirixir varias comisións en diferentes procesos de reforma estatal, como o Conseil supérieur de la langue française en 1989 ou o Comité d’orientation pour la simplification du language administratif (COSLA) en 2002. Quizais isto non dea unha idea clara da muller comprometida que foi, afanada na defensa dos dereitos fundamentais, especialmente das mulleres, mediante este compromiso político e, sobre todo, mediante aquilo que como lingüista podía achegar ás persoas. Resulta moi expresiva a súa defensa da feminización do francés, en concreto no que concirne aos títulos e aos nomes das profesións (tradicionalmente en xénero masculino). Ese espírito reformista levouna a ser moi crítica nos seus artigos en prensa coa Academia francesa. As condecoracións e premios que recibiu ao longo dunha carreira de máis de cincuenta anos, así como o respecto e admiración dos seus colegas e alumnos, non dan cabida nun espazo tan miúdo como este, pero dan conta do peso incalculable desta muller no mundo académico francés, canadense e europeo. Basta botar unha ollada a calquera libro de lexicoloxía española e galega para achegarse ao enorme impacto do seu traballo.

Publicacións relevantes e contexto sociocultural / Relevant publications and socio-cultural background

Josette Rey-Debove (1929-2005) foi una semióloga e lexicógrafa francesa, cunha traxectoria de indubidábel esplendor tanto en Francia e no Canadá como no resto do mundo. No seu país é especialmente recoñecida por ser membro dos equipos de redacción dos dicionarios Le Robert, lexicóns de absoluta referencia en Francia e publicados pola editorial homónima dende os anos sesenta. Entre estes repertorios destacan o pequeno, Le petit Robert, que transformou o mundo dos dicionarios escolares e do que foi codirectora, e o grande, Le grand Robert, unha obra monumental en seis volumes titulada “Dictionnaire alphabétique et analogique de la langue française”, traballo no que tamén participaron Alain Rey e Henri Cottez e do que foi secretaria de redacción. Ademais destas obras tan significativas, tamén cabe atribuírlle repertorios importantes como o “Dictionnaire méthodique du français actuel (1982), o Dictionnaire des anglicismes (1991) ou Le Robert du français langue étrangère” (1998). Falar de Rey-Debove non é falar soamente dunha gran facedora de dicionarios ou dunha lexicóloga e semióloga de renome na universidade francesa (na Soborna e na extinta Denis Diderot), senón dunha das persoas que máis influencia exerceu nas teorías lexicolóxicas modernas, especialmente nas europeas, transformadas polas súas contribucións. Neste eido, cabe atribuírlle o feito de situar a unidade léxica no centro dos estudos lingüísticos europeos. Conceptos xa moi habituais en lexicoloxía, como poden ser a definición relacional ou a definición substancial, remiten sempre á nosa autora. En palabras de Teresa Cabré (2006: 634), o seu legado teórico apuntou en tres direccións: «A metalinguaxe de descrición e representación do léxico, a estruturación morfosemántica do léxico e a organización interna das palabras». A súa carreira universitaria dá conta deste prestixio incrementado durante décadas. Licenciouse en Letras na Universidade da Soborna, institución na que defendeu a súa tese de doutoramento, “Estudo lingüístico e semiótico dos dicionarios franceses contemporáneos”, traballo que se converteu nun dos textos máis relevantes da súa carreira e cuxo título permite albiscar os dous eidos nos que Rey-Debove sobresaíu: a semiótica e a lexicografía. Con respecto á ciencia dos signos, compre salientar a súa obra “Ensaios de semiótica” (1971), na que contou coa colaboración de mulleres do talle de Jean Umiker e Julia Kristeva. Asemade, ademais de dirixir a comisión editorial da familia dos Robert e de ser unha entusiasta profesora universitaria, o seu espírito inquedo levouna a outras moitas angueiras: é preciso sinalar a súa estadía en EE. UU., onde traballou na Universidade de Indiana Bloomington, de tanto impacto nos estudos lingüísticos, ou mesmo a impartición dende 2002 dun seminario sobre lexicoloxía na prestixiosa École des hautes études en sciences sociales. Por se fose pouco, cabe destacar o seu labor no Québec, onde contribuíu a pór en marcha a oficina quebequesa da lingua francesa nos anos 70, tempo en que se estableceu a Carta da lingua francesa. Esta oficina, na que fixo achegas sobre terminoloxía, neoloxía e metodoloxía do traballo terminolóxico, segue a ser unha referencia hoxe en día. A súa figura transcende o puramente lingüístico. Foi nomeada polo Ministerio de Funcións Públicas para dirixir varias comisións en diferentes procesos de reforma estatal, como o Conseil supérieur de la langue française en 1989 ou o Comité d’orientation pour la simplification du language administratif (COSLA) en 2002. Quizais isto non dea unha idea clara da muller comprometida que foi, afanada na defensa dos dereitos fundamentais, especialmente das mulleres, mediante este compromiso político e, sobre todo, mediante aquilo que como lingüista podía achegar ás persoas. Resulta moi expresiva a súa defensa da feminización do francés, en concreto no que concirne aos títulos e aos nomes das profesións (tradicionalmente en xénero masculino). Ese espírito reformista levouna a ser moi crítica nos seus artigos en prensa coa Academia francesa. As condecoracións e premios que recibiu ao longo dunha carreira de máis de cincuenta anos, así como o respecto e admiración dos seus colegas e alumnos, non dan cabida nun espazo tan miúdo como este, pero dan conta do peso incalculable desta muller no mundo académico francés, canadense e europeo. Basta botar unha ollada a calquera libro de lexicoloxía española e galega para achegarse ao enorme impacto do seu traballo. 1967. Dictionnaire alphabétique et analogique de la langue française (Le Grand Robert), xunto a Alain Rey e Henri Cottez./ together with Alain Rey and Henri Cottez. 1967. Le Petit Robert. 1971. Étude linguistique et sémiotique des dictionnaires français contemporains. 1971. Essais de sémiothique. 1973. Recherche sur les systèmes signifiants. 1978. Le Métalangage: étude du discours sur le langage. 1979. Lexique de sémiotique. 1982. Dictionnaire méthodique du français actuel. 1988. Le Petit Robert des enfants. 1991. Dictionnaire des anglicismes, Le Robert, xunto a Gilberte Gagnon./ together with Gilberte Gagnon. 1993. Le Nouveau Petit Robert. 1996. Le Robert quotidien. 1998. La Linguistique du signe: une approche sémiotique du langage et le Robert du français. 1998. Le Robert du français langue étrangère. 2008. Le Petit Robert des noms propres, xunto a Paul Robert e Alain Rey./ together with Paul Robert and Alain Rey.

Extractos de obras / Excerpts from work(s)
Presenza nos medios / Media presence

1998. Chevalier de l’ Ordre national du Mérite (cabaleira da Orde Nacional do Mérito de Francia). 2004. Ordre national du Québec (Orde Nacional de Quebec).

Fontes / Sources

1. Bibliografía: Cabré, Teresa (2006): Josette Rey-Debove (1929-2005) In Memoriam. Estudis romànics. N.º 28, páxs. 633-635. https://www.raco.cat/index.php/Estudis/article/view/9235/401626 Guerrero Ramos, Gloria / Pérez Lagos, Manuel Fernando. (2017): La definición en el diccionario desde la teoría lingüística. Pragmalingüística. Nº 25, páxs. 286-310. https://revistas.uca.es/index.php/pragma/article/view/3411/3774 Sitio web hmong.es / hmong.es Internet site https://hmong.es/wiki/Josette_Rey-Debove Babelio https://www.babelio.com/auteur/Josette-Rey-Debove/24087 Office québécois de la langue française http://www.oqlf.gouv.qc.ca/actualites/ressources/hommage_josette_debove.html Ordre National du Québec https://www.ordre-national.gouv.qc.ca/membres/membre.asp?id=1856 2. Traballo lexicográfico: Google Scholar https://scholar.google.es/scholar?hl=es&as_sdt=0%2C5&q=rey-debove&btnG=

Aut@r da entrada / Author of the entry

David Quintáns Lago

Tradución da entrada / Translation of the entry

David Quintáns Lago

Autor@s do deseño e estrutura do dicionario / Authors of the design and structure of the dictionary: María José Domínguez Vázquez (dir), Lola Mosquera Sánchez, Deborah Chidimma Nebechukwu, U-Tong Sih - EMLex. 2000. Mulleres na Lexicografía / Women in Lexicography. En Fernández Rei, Elisa & Álvarez de la Granja, María (coords.), Lingua viva. Santiago de Compostela: Instituto da Lingua Galega. ilg.usc.gal/linguaviva [Consultado o 17/01/2026 ás 07:11].

Inicia sesión para deixar un comentario.

Comentarios