Mulleres na Lexicografía / Women in Lexicography
Carmen Delia Valadez Pérez
Español
1944 (Cidade de México, México)
Carmen Delia Valadez Pérez naceu o 15 de xullo de 1944 en Cidade de México. En 1961 ingresou na Universidade Nacional Autónoma de México (UNAM) para estudar Literatura Española, onde foi alumna de Antonio Alatorre, Juan M. Lope Blanch, Margit Frenk, Margo Glantz e Luis Rius, entre outros. Licenciouse coa tese Perífrasis de infinitivo en la norma culta de la ciudad de México. Durante os seus estudos na UNAM, Juan M. Lope Blanch convidouna a colaborar no Anuario de Letras. En 1966, Valadez iniciou o seu doutoramento en Lingüística e Literatura Hispánica no Colexio de México (Colmex), onde asistiu aos cursos de Eugenio Coșeriu e Antonio Alatorre, a quen considera o seu mentor. Durante o seu doutoramento no Colmex colaborou na Nueva Revista de Filología Hispánica e participou no Atlas Lingüístico de México (ALM) mediante a realización de entrevistas nos estados de Yucatán e Nuevo León, a súa transcrición e a elaboración de fichas bibliográficas. Tras o seu doutoramento, pasou un ano en L'École Pratique des Hautes Études, en París, onde asistiu a cursos de Roland Barthes e A. J. Greimas. Ao seu regreso a México, converteuse en profesora da Universidade de Sonora, onde impartiu Fonética, Gramática Histórica, Dialectoloxía, Lingüística Xeral, Literatura Latinoamericana e Estilística. En 1973, foi unha das fundadoras do incipiente proxecto do Diccionario del español de México (DEM), onde, como editora, se especializou na gramática do español mexicano. Algunhas das súas achegas máis importantes ao DEM foron a análise e as definicións das palabras funcionais, a investigación sobre o uso gramatical do español de México e o rexistro dos seus procesos morfolóxicos. Tamén reflexionou sobre o método lexicográfico para definir denominacións populares de plantas e termos científicos usados no español común de México. Carmen Delia Valadez participou na elaboración e publicación dos seguintes traballos do proxecto DEM: o Diccionario fundamental del español de México (1982); o Diccionario básico del español de México (1986); o Diccionario del español usual en México (1ª ed., 1996; 2ª ed. revisada e ampliada, 2009) e o Diccionario del español de México (2010). Desde 2006, canda Luz Fernández Gordillo, Carmen Delia Valadez traballa no proxecto “Investigación sobre el léxico regional a partir del Atlas Lingüístico de México”, que busca poñer á disposición das persoas non especialistas o léxico rexistrado nos 5º e 6º volume deste atlas.
Como membro do proxecto DEM: Diccionario fundamental del español de México. México: Comisión Nacional para la Defensa del Idioma Español, El Colegio de México e Fondo de Cultura Económica; 1982. Diccionario básico del español de México. México: El Colegio de México; 1986. Glosario de términos de educación abierta y a distancia. México: Secretaría de Educación Pública; 1991. Diccionario del español usual en México. México: El Colegio de México; 1996. Diccionario del español usual en México, 2.ª edición corregida y aumentada. México: El Colegio de México; 2002. Diccionario del español de México. 2 vols. México: El Colegio de México; 2010. Publicacións individuais: Llovizna y mejilla ‘cachete’: una nota léxica a partir del Atlas lingüístico de México, Lingüística Mexicana. Nueva Época 2020; 2 (1): 119-129. Los nahuatlismos en el Diccionario del español de México, Lingüística Mexicana. Nueva Época 2019; 1 (1): 169-182. Del escritorio del Diccionario del español de México, Boletín Editorial 2010, 146, 20-22. Notas sobre variantes ortográficas en el español de México, Nueva Revista de Filología Hispánica 2007, 31 (2): 276-281. El papel de los ejemplos en el Diccionario del Español Usual en México. En: Pérez Pascual, José Ignacio, Córdoba Rodríguez, Félix e Campos Souto, Mar (eds.), América y el diccionario. A Coruña: Servizo de Publicacións da Universidade da Coruña; 2006, 153-164.
https://dem.colmex.mx/
Palacios, Niktelol. Valadez, Carmen Delia. En: Cano, Gabriela e Espino Armendáriz, Saúl (eds.), Diccionario biográfico de mujeres en la historia del Colmex [manuscrito inédito]. 2023
David Huerta Meza (adaptación do artigo de Niktelol Palacios)
Marta Negro Romero
Autor@s do deseño e estrutura do dicionario / Authors of the design and structure of the dictionary: María José Domínguez Vázquez (dir), Lola Mosquera Sánchez, Deborah Chidimma Nebechukwu, U-Tong Sih - EMLex. 2000. Mulleres na Lexicografía / Women in Lexicography. En Fernández Rei, Elisa & Álvarez de la Granja, María (coords.), Lingua viva. Santiago de Compostela: Instituto da Lingua Galega. ilg.usc.gal/linguaviva [Consultado o 17/01/2026 ás 08:46].
Inicia sesión para deixar un comentario.