Imaxe do dicionario
Autor@s do deseño e estrutura do dicionario / Authors of the design and structure of the dictionary: María José Domínguez Vázquez (dir), Lola Mosquera Sánchez, Deborah Chidimma Nebechukwu, U-Tong Sih - EMLex

Mulleres na Lexicografía / Women in Lexicography

GAL O principal obxectivo deste dicionario é visibilizar e reivindicar a mulleres relevantes no eido da lexicografía. O traballo ofrece información sobre a súa vida, traxectoria profesional, así como a súa bagaxe social e cultural. Destaca especialmente a súa contribución á lexicografía nos seus respectivos contextos. Esta obra desenvólvese como proxecto didáctico de aprendizaxe colaborativa no...
Ver descrición
Yulievna, Natalia

Creado por Akerke o 16/01/2026 ás 15:19.

Nome / Name

Natalia Yulievna Shvedova (Ruso: Ната́лия Ю́льевна Шве́дова)

Foto / Photo
Linguas de traballo / Work languages

Ruso

Información biográfica / Biographical information

25 de decembro de 1916, Moscova (Rusia) – 18 de setembro de 2009, Moscova

Traxectoria profesional / Career description

Natalia terminou os seus estudos no departamento de Tradución da Escola Rexional Superior de Linguas Estranxeiras de Moscova en 1935, especializándose en inglés. En 1940 licenciouse na Facultade de Lingua e Literatura do Instituto Pedagóxico Estatal de Moscova. De 1940 a 1944 traballou como profesora titular no Instituto de Profesores de Mordovia e no Instituto Pedagóxico Estatal de Mordovia, incluso durante a guerra na ASSR de Mordovia de Temnikov. En 1946 completou os seus estudos de posgrao baixo a dirección do académico V. V. Vinogradov e defendeu a súa tese de doutoramento sobre "A aparición e o desenvolvemento do uso predicativo dos adxectivos plenos na lingua rusa". Simultaneamente, comezou a traballar no Instituto da Lingua Rusa da Academia de Ciencias da URSS, que se fusionou co Instituto de Lingüística durante varios anos. En 1958 defendeu a súa tese de doutoramento sobre a "Sintaxe da fala coloquial rusa e a estrutura dunha oración simple". De 1962 a 1972 impartiu un curso teórico sobre "Sintaxe da lingua rusa" e organizou seminarios na Facultade de Filoloxía da Universidade Estatal de Moscova. Foi nomeada catedrática en 1964. No Instituto da Lingua Rusa ocupou varios cargos, entre eles o de investigadora júnior e sénior. De 1961 a 1989, foi xefa da área de linguaxe literaria, que se transformou na área de gramática e historia da lingua literaria rusa en 1970, e no Departamento de Gramática e Lexicología da lingua rusa moderna en 1986. O 26 de decembro de 1984 foi elexida membro da Academia de Ciencias da URSS no Departamento de Literatura e Lengua (posteriormente, membro da Academia Rusa de Ciencias dende 1991). O 29 de maio de 1997 foi nomeada Académica da Academia Rusa das Ciencias. Tamén foi membro do consello editorial da revista "Izvestia RAS. Serie Literatura e Linguas". Nos seus últimos anos, dirixiu a destacada escola científica centrada na "Descrición estrutural e funcional da lingua rusa relativa á interacción da estrutura gramatical e léxica, a semántica gramatical e léxica e as leis do texto", creada por V. V. Vinogradov.

Publicacións relevantes e contexto sociocultural / Relevant publications and socio-cultural background

En 1964, Natalia dedicouse a completar e revisar un dos dicionarios rusos máis coñecidos e utilizados: o "Словарь русского языка" [Dicionario da lingua rusa] nun só volume. Dende 1992, este dicionario publícase baixo a autoría de Ozhegov e Shvedova. Nos últimos anos, Natalia e os seus alumnos tamén colaboraron no dicionario ideográfico ruso "Мир человека и человек в окружающем его мире" [O mundo do home e o home na súa contorna], que describe a visión do mundo reflexada na linguaxe. Dende 2003, é redactora xefe da publicación creada polo equipo da autora, baseada no concepto teórico desenvolvido por ela. Baixo a dirección de Natalia iniciouse o "Русский семантический словарь" [Dicionario semántico ruso] (vol. I-II, 1998-2000), unha obra colectiva en varios volumes sen parangón na lexicografía rusa, que contou co apoio da Fundación Rusa para a Investigación Fundamental. Este dicionario introduciu, por primeira vez diferentes clases de palabras, el sistema de vocabulario común del ruso moderno.

Ligazóns / Links

Ожегов, С. И., & Шведова, Н. Ю. (1999). Толковый словарь русского языка [Ozhegov, S. I., & Shvedova, N. Y. (1999). [Dicionario explicativo da lingua rusa]. As entradas inclúen lemas, terminacións flexivas de formas plurais (para substantivos), definicións, exemplos de derivación e sinónimos (véxase extractos de obras).

Extractos de obras / Excerpts from work(s)
Datos de interese / Interesting facts

1978 - medalla de prata da Universidade Jan Evangelista Purkine de Brno (Checoslovaquia); 1982 - Premio Estatal da URSS, como autor e redactor xefe da obra académica "Gramática rusa". (volumes 1–2, 1980); 1986 – Orde da Amizade dos Pobos; 1990 – Premio Pushkin da Academia das Ciencias da URSS; 2002 – Orde da Amizade; 2009 – Medalla de ouro Dal da Academia Rusa das Ciencias.

Fontes / Sources

Foto: Natalia Shvedova. (2023). En Wikipedia. https://en.wikipedia.org/w/index.php?title=Natalia_Shvedova&oldid=1132618255

Aut@r da entrada / Author of the entry

Akerke Yessenali

Tradución da entrada / Translation of the entry

Lola Mosquera

Autor@s do deseño e estrutura do dicionario / Authors of the design and structure of the dictionary: María José Domínguez Vázquez (dir), Lola Mosquera Sánchez, Deborah Chidimma Nebechukwu, U-Tong Sih - EMLex. 2000. Mulleres na Lexicografía / Women in Lexicography. En Fernández Rei, Elisa & Álvarez de la Granja, María (coords.), Lingua viva. Santiago de Compostela: Instituto da Lingua Galega. ilg.usc.gal/linguaviva [Consultado o 17/01/2026 ás 08:46].

Inicia sesión para deixar un comentario.

Comentarios