Tesouro Informatizado da Lingua Galega

TILG

O Tesouro Informatizado da Lingua Galega (TILG) é un corpus histórico de textos galegos da Idade Moderna e Contemporánea, desenvolvido no Instituto da Lingua Galega baixo a dirección de Antón Santamarina.

A súa versión actual (4.1) compila máis de 3.000 documentos producidos entre 1612 e 2013 e contén arredor de 30 millóns de formas gráficas, lematizadas e anotadas con etiquetas morfosintácticas. Esta nova versión, realizada por Ernesto González Seoane e María Álvarez de la Granja, en colaboración con NLPgo Technologies, S.L., que se ocupou do desenvolvemento informático, incorpora diversas novidades con respecto ás versións anteriores.

Así, os textos foron reprocesados co fin de potenciar as posibilidades de explotación do corpus. Para iso, substituíuse o sistema de etiquetas empregado para a anotación morfosintáctica e enriqueceuse considerablemente a información contida nas cabeceiras coa introdución de novos metadatos. Deste xeito, o novo TILG ofrece, ademais das dúas modalidades básicas de busca simple (por Lemas / Elementos gramaticais ou por Palabras gráficas), unha configuración de busca avanzada que permite refinar as operacións de busca ou filtrar os seus resultados.

Desde o seu inicio en 1986 ata a actualidade o proxecto contou con financiamento da Dirección Xeral de Política Lingüística (e logo da Secretaría Xeral de Política Lingüística) da Xunta de Galicia.

Forma de cita
      Santamarina, Antón (dir.) / Ernesto González Seoane / María Álvarez de la Granja:
      Tesouro informatizado da lingua galega (Versión 4.1). Santiago de Compostela:
      Instituto da Lingua Galega. <http://ilg.usc.gal/TILG/> [Consultado: <data>]
      @misc{TILG-2014,
        address   = {Santiago de Compostela},
        edition   = {2018},
        editor    = {Santamarina, Antón (dir.) / Ernesto González Seoane / María Álvarez de la Granja},
        publisher = {Instituto da Lingua Galega},
        title     = {Tesouro informatizado da lingua galega},
        url       = {http://ilg.usc.gal/TILG/},
        year      = {2018}
      }
      TY  - MISC
      ED  - Santamarina, Antón (dir.) / Ernesto González Seoane / María Álvarez de la Granja
      PB  - Instituto da Lingua Galega
      PY  - 2018///
      T1  - Tesouro informatizado da lingua galega
      UR  - http://ilg.usc.gal/TILG/
      ER  -