AGON é unha asociación que ten o fin de impulsar traballos dedicados á conservación, divulgación e investigación dos nomes de persoas e de lugar. O seu ámbito non só se circunscribe aos límites políticos da Galicia actual, abrangue tamén os territorios limítrofes, tanto de España coma de Portugal, pertencentes á Gallaecia histórica.

-
Cruxeiras
O nome de lugar Cruxeiras provén do substantivo curuxeiras ‘lugar onde aniñan e habitan as curuxas’, en referencia a un lugar penedoso, agachado e de difícil acceso, pois as curuxas son aves tímidas que refugan a presenza humana. O topónimo Cruxeiras do concello de Ribeira deu lugar ao apelido, que ten nese mesmo concello a maior densidade e número, aínda que…
-
O nome Iria
O nome Iria empezou a usarse timidamente na década de 1960 (INE: Nombres por provincia y fecha de nacimiento) e entrou na lista de nomes galegos máis frecuentes na década de 1980 . Foi o primeiro nome de forma exclusiva galega que se popularizou e estaba entre os trinta máis usados. Vinte anos despois, na década…
-
Proxecto Toponimia de Galicia e Portugal
O proxecto Toponimia de Galicia e Portugal, coordinado co Toponomasticon Hispaniae, acaba de facer públicos na súa páxina web, entre outros, os seguintes topónimos: Antas de Ulla, Barreiros, Barro, Cedeira, Lourenzá, Moeche, Pedrafrita do Cebreiro, Sanxenxo, Triacastela, Val do Dubra, Xunqueira de Ambía, Xunqueira de Espadanedo. Neles ofrécese información sobre a etimoloxía e moito máis: aspectos históricos,…
-
En memoria de Elixio Rivas
O 24 de setembro deixounos ós 97 anos o irmán paúl Elixio Rivas Quintas, socio fundador da AGOn e Presidente de Honra desde 2002, e un dos principais estudosos da toponimia galega das últimas décadas. Foi distinguido cos premios Otero Pedrayo (1980), a Medalla Castelao (2000) e a Medalla de Ouro da Provincia de Ourense…
