accurate
adjective
exacto
EN Never mind: the rent was precisely twopence halfpenny; the children loved it; it did her husband good to be three thousand, or if she must be accurate, three hundred miles from his library and his lectures and his disciples; and there was room for visitors.
GL Tanto tiña: o alugueiro era exactamente de dous peniques e medio; ós nenos encantáballes; para o seu home era bo estar a tres mil ou, para ser máis exactos, a trescentas millas da súa biblioteca, das súas clases e dos seus discípulos; e ademais había espacio para convidados.
Fonte: CAR (279)
preciso
EN The group members preferred their traditional oral practices or to rely on younger family members, but the agency was keen that they should adopt new practices of written account keeping and agenda setting, even if in reality these were less accurate.
GL As participantes preferían os seus procedementos orais tradicionais, ou recorrían ós mozos instruídos da súa familia. Así e todo, a institución dáballe moita importancia a que adoptasen o sistema de contabilidade por escrito, aínda que na práctica iso fose menos preciso.
Fonte: C31 (1000)
veraz
EN Voice of America's director Sandy Unger concurs that there is a strong demand in emerging democracies for balanced and accurate information.
GL Sandy Unger, director da Voz de América, concorda en que existe unha demanda masiva de información equilibrada e veraz por parte das novas democracias.
Fonte: C23 (1295)
puntual
EN While it is too soon for any accurate forecasts of the online education market --estimates vary from one to four billion dollars for the year 2000-- there are growing fears that companies will eventually take over the role of learning institutes.
GL Malia que aínda é prematuro facer previsións puntuais sobre a evolución do mercado do ensino en liña --as estimacións oscilan entre un e catro mil millóns de dólares no ano 2000-- , algúns teñen medo de que as empresas terminen por substituí-los organismos de formación.
Fonte: C01 (902)
|