logo sli
Seminario de Lingüística Informática, 2005-2018
Universidade de Vigo

Dicionario CLUVI inglés-galego, 2ª edición revisada (versión 2.2)

(Baseado no Corpus CLUVI da Universidade de Vigo)



En inglés
Comeza con
En galego
Palabra exacta
Portada
Sobre o Dicionario
- advertiser, advertising, advice, advisable, advise, adviser, advisor, advisory, advocacy, advocate, aegis, aerial, aeronautics, aerospace, Aesculapius, aesthetic, aesthetically, aesthetics, afar


advocate


- noun
- avogado

EN This, therefore, is not the ground to be taken by the advocate of Greek letters.
GL Este, en consecuencia, non é o fundamento que ha de toma-lo avogado das letras gregas.
- Fonte: LET (371)
- partidario

EN In this field, advocates of liberalization want to abolish measures limiting student mobility (immigration red tape, exchange controls and non-recognition of equivalent qualifications).
GL Nese ámbito, os partidarios dunha liberalización desexan sobre todo derroga-las medidas que limitan a mobilidade dos estudiantes (inmigración, control de cambios, non recoñecemento de equivalencias de formación, etc.) .
- Fonte: C19 (841)
- defensor

EN The smart cards are supposed to offer more efficient services, but privacy advocates fear they could do far more.
GL As autoridades sinalan que no futuro esas tarxetas lles van simplifica-la vida. Sen embargo, os defensores da vida privada temen que estas tarxetas poidan ter outros usos máis perversos.
- Fonte: C07 (457)
- promotor

EN Even the World Bank, the main advocate of water privatization, is cautious on this point.
GL Mesmo o Banco Mundial, principal promotor da súa privatización, móstrase prudente nese aspecto.
- Fonte: C04 (75)
- apoloxista

EN Other e-democracy advocates go even further.
GL Outros apoloxistas da democracia electrónica van aínda máis lonxe:
- Fonte: C24 (1254)


- transitive verb
- avogar (por)

EN Even the most ardent Islamist women activists advocate the extension of the franchise to women and their participation in the public domain.
GL Mesmo as islamitas máis afervoadas avogan polo dereito da muller a votar e a participar na vida pública.
- Fonte: C07 (709)
- apoiar

EN But these sometimes powerful, sometimes weak players have conflicting positions and interests and advocate strategies that do not always coincide.
GL Pero eses actores, ás veces poderosos, outras vulnerables, teñen tamén posturas e intereses moi diversos e apoian estratexias que non sempre coinciden.
- Fonte: C01 (217)
- defender

EN Michnik, who was elected to parliament, advocated "shock therapy" for Poland -- a radical overhaul of the economy -- and urged everyone to take part in building democracy.
GL Elixido deputado, Michnik defendeu unha "terapia brutal", unha reforma radical da economía e a participación de todos na construcción da democracia.
- Fonte: C05 (1341)
- propiciar

EN In its will to "democratize education," the project advocates the establishment of "educational communities" to govern schools.
GL No seu afán de "democratiza-la educación", o proxecto propicia a creación de "comunidades educativas" que dirixan as escolas.
- Fonte: C06 (874)
- preconizar

EN Many NGOs also advocate major political changes, though protests are not always at the street-level.
GL As numerosas ONG que preconizan transformacións políticas fundamentais non recorren necesariamente ás protestas na rúa.
- Fonte: C08 (52)