logo sli
Seminario de Lingüística Informática, 2005-2018
Universidade de Vigo

Dicionario CLUVI inglés-galego, 2ª edición revisada (versión 2.2)

(Baseado no Corpus CLUVI da Universidade de Vigo)



En inglés
Comeza con
En galego
Palabra exacta
Portada
Sobre o Dicionario
- airy, aisle, ajar, aka, akimbo, akin, Alabama, alacrity, alarm, alarming, alarmingly, alarmist, alas, Alaska, Alaskan, Albania, Albanian, albeit, albino


alarming


- adjective
- desacougante

EN And she was about to say something criticizing Mrs Ramsay, how she was alarming, too, in her way, high-handed, or words to that effect, when Mr Bankes made it entirely unnecessary for her to speak by his rapture.
GL Ela estaba a piques de dicir algo contra a señora Ramsay, que tamén ela era desacougante ó seu xeito, autoritaria, ou algunha palabra semellante, cando o señor Bankes, coa súa éxtase, deixouna muda.
- Fonte: CAR (588)
- alarmante

EN The figures are alarming: we have already removed or seriously degraded 80 per cent of the planet's forest cover and 50 per cent of the world's wetlands.
GL As cifras son alarmantes; xa arrincamos ou deterioramos 80% dos bosques e 50% dos pantanos do planeta.
- Fonte: C15 (1408)
- inquietante

EN Today, three billion tonnes of carbon build up in the atmosphere each year, and natural ecosystems can no longer absorb all these emissions-especially since they are disappearing at an alarming rate.
GL Hoxe en día, acumúlanse cada ano tres mil millóns de toneladas de carbono na atmosfera, e os ecosistemas naturais xa non dan absorbido tódalas emisións. E tanto máis canto que estes desaparecen a un ritmo inquietante.
- Fonte: C21 (303)
- preocupante

EN More alarming, polls show that Japanese teenagers, who have been disoriented by the current economic crisis, say they "enjoy" books boasting about the code of honour and the Japanese virtues of order and discipline, without mentioning the atrocities that were committed.
GL Máis preocupante aínda, os adolescentes xaponeses, desorientados pola crise actual, confesan nas sondaxes a súa "preferencia" polos libros en que, sen menciona-las atrocidades cometidas, se gaban o código da honra e as virtudes niponas da orde e da disciplina.
- Fonte: C25 (826)
- temido

EN The most alarming one involves ocean currents, which are responsible for temperature exchanges between the planet's cold and hot regions.
GL O máis temido é a modificación das correntes oceánicas, que permiten os intercambios térmicos entre rexións frías e cálidas do planeta.
- Fonte: C06 (764)
- dramático

EN These encroachments on the protected zone are worrying but not alarming, according to one expert, and so far the core of the site has been preserved.
GL Estes atentados son inquietantes pero non dramáticos, estima un bo coñecedor do tema e, ata a de agora, o corazón do sitio preservouse.
- Fonte: C18 (1078)