logo sli
Seminario de Lingüística Informática, 2005-2018
Universidade de Vigo

Dicionario CLUVI inglés-galego, 2ª edición revisada (versión 2.2)

(Baseado no Corpus CLUVI da Universidade de Vigo)



En inglés
Comeza con
En galego
Palabra exacta
Portada
Sobre o Dicionario
- awkward, awkwardly, awkwardness, awl, awning, awry, awstricken, awstruck, ax, axe, axiom, axis, axle, ayatollah, Azerbaijan, Azores, Aztec, azure, baaing


axe


- noun
- machado

EN Had there been an axe handy, a poker, or any weapon that would have gashed a hole in his father's breast and killed him, there and then, James would have seized it.
GL Se James chegase a ter a man naquel momento un machado, un zoscadoiro, ou calquera outra arma que puidese espetar no peito do seu pai e matalo, meu dito, meu feito, habíao coller.
- Fonte: CAR (12)
- machada

EN The dog-driver held the axe poised in his hand, and as Buck shot past him the axe crashed down upon mad Dolly's head.
GL François brandía unha machada na man e, nada máis pasar Buck onda el, descargouna sen piedade sobre a cabeza da malpocada Dolly.
- Fonte: CHA (484)
- eixe, eixo

EN --He means a ball having the form of the ellipsoid of the principal axes of which I spoke a moment ago.
GL --Quería dicir unha bóla que ten a forma do elipsoide de cuxos eixos principais lles falei hai un momento.
- Fonte: RET (3742)
- camiño

EN Dance music is now a global phenomenon, traveling with a set of DJs who have spun their own version of the worldwide web: the "Internet of dance music" is made up of axes linking local dance cultures.
GL A música dance é hoxe un fenómeno planetario que viaxa da man dun grupo de disc-jockeys que tecen a súa propia versión persoal da Rede: a "autoestrada" da música dance está feita de camiños que comunican entre si as diferentes culturas locais.
- Fonte: C15 (787)
- macheta

EN It was like a chink in the system's wall into which the opposition could wedge its demolition axe, held at the ready.
GL Era como abrir unha fenda na fortaleza do sistema, pola que a oposición podería introduci-la súa macheta demoledora.
- Fonte: C28 (345)


- transitive verb
- suprimir

EN Within the past two years, South Korea, Singapore and Hong Kong-havens of rote learning-have debated plans to axe huge swathes of standard classroom study.
GL Hai dous anos que Corea do Sur, Singapur e Hong Kong, auténticos refuxios da aprendizaxe memorística, se propoñen suprimir capítulos enteiros do ensino tradicional.
- Fonte: C22 (1118)