logo sli
Seminario de Lingüística Informática, 2005-2018
Universidade de Vigo

Dicionario CLUVI inglés-galego, 2ª edición revisada (versión 2.2)

(Baseado no Corpus CLUVI da Universidade de Vigo)



En inglés
Comeza con
En galego
Palabra exacta
Portada
Sobre o Dicionario
- cartridge, cartwheel, carve, carven, carver, carving, cascade, case, casement, cash, cashcard, cashmere, casino, cask, casket, Caspian, cassava, casserole, cassette


cash


- noun
- diñeiro en efectivo

EN "Look here," he said, "I badly want a drink, but I haven't any cash --except five pounds sterling".
GL Mire unha cousa --engadiu el--, necesito con toda urxencia unha copa, pero non teño diñeiro en efectivo senón cinco libras esterlinas.
- Fonte: TER (182)
- en efectivo

EN They sat dazed and blissful that night, trying to realize that they were actually worth a hundred thousand dollars in clean, imaginary cash.
GL Aquela noite sentaron atordados e felices tratando de comprende-la inmensa realidade, a opresora realidade, de que en efecto posuían cen mil dólares imaxinarios netos en efectivo.
- Fonte: LEG (307)
- en metálico

EN Across Eastern and Western Europe, North and South America, programmes devised on the basis that a "real" set of events involving "ordinary" people is unfolding --with cash prizes-- have defied the industry's rules of thumb.
GL En Europa Oriental e Occidental, en América do Norte e do Sur, programas baseados en mostra-la sucesión "real" de feitos vividos por xente "corrente" --atraída polos premios en metálico-- constitúen un desafío ás normas de funcionamento da industria.
- Fonte: C27 (1002)
.....--- cash register
- caixa rexistradora

EN His life seemed to have drawn near to eternity; every thought, word, and deed, every instance of consciousness could be made to revibrate radiantly in heaven; and at times his sense of such immediate repercussion was so lively that he seemed to feel his soul in devotion pressing like fingers the keyboard of a great cash register and to see the amount of his purchase start forth immediately in heaven, not as a number but as a frail column of incense or as a slender flower.
GL A súa vida semellaba terse achegado á eternidade; cada pensamento, palabra e obra, cada momento de conciencia parecía estar feito para vibrar radiantemente no ceo; e ás veces a sensación desa repercusión inmediata era tan fonda, que semellaba que a súa alma devota presionaba como os dedos no teclado dunha inmensa caixa rexistradora e daba visto, coa mesma, a suma da súa adquisición inscrita no ceo, non en forma de número, senón como unha fráxil columna de incenso ou unha flor delicada.
- Fonte: RET (3038)
.....--- cash machine
- caixeiro automático

EN Some work like normal banks, with branches, cash machines and chequebooks.
GL Algúns funcionan como outro banco calquera, coas súas sucursais, os seus caixeiros automáticos e os seus talonarios de cheques.
- Fonte: C21 (1012)