logo sli
Seminario de Lingüística Informática, 2005-2018
Universidade de Vigo

Dicionario CLUVI inglés-galego, 2ª edición revisada (versión 2.2)

(Baseado no Corpus CLUVI da Universidade de Vigo)



En inglés
Comeza con
En galego
Palabra exacta
Portada
Sobre o Dicionario
- concession, conch, conchology, concierge, conciliate, conciliating, conciliator, conciliatory, conclave, conclude, conclusion, conclusive, conclusively, concoct, concordance, concourse, concrete, concubine, concur


conclude


- intransitive verb
- concluír

EN When his story was concluded, there was much laughter and approbation, particularly from two or three deputy aldermen, who had been asleep a greater part of the time.
GL Cando concluíu a súa historia, houbo moitas risas e aplausos, en especial de dous ou tres viceconcelleiros, que quedaran durmidos durante unha boa parte do relato.
- Fonte: LEN (337)
- decidir

EN But finally, as in the previous case, they concluded to wait and think, and go cautiously and sure.
GL Pero finalmente, coma no caso anterior, decidiron esperar e pensar, e continuar con cautela e paso firme.
- Fonte: LEG (384)
- finar

EN When the owl had concluded his antiquarian harangue the prince remained for a time absorbed in thought.
GL En que a curuxa finou a súa arenga anticuaria, o príncipe quedou por un cacho mergullado nas súas cavilacións.
- Fonte: ALH (745)
- acabar

EN This word foundation leads me to one remark suggested by your letter; and with that I shall conclude my own.
GL Esta palabra, fundamentos, lévame a unha observación suxerida pola súa carta; e con esta acabarei a miña.
- Fonte: LET (183)
- chegar á conclusión

EN My pockets had always puzzled Weena, but at the last she had concluded that they were an eccentric kind of vase for floral decoration.
GL Os meus petos sempre a marabillaran; pero, ó final, chegou á conclusión de que eran un tipo de xerra excéntrica destinada á decoración floral.
- Fonte: TEM (1289)
- asinar

EN In 1998, the University of California at Berkeley concluded a $25 million, five-year agreement with the Swiss company Novartis that has come to be regarded as a watershed in the relationship of industry with higher education.
GL En 1998, a Universidade de California en Berkeley asinou un acordo quinquenal de 25 millóns de dólares coa empresa suíza Novartis que, a xuízo de moitos, abre unha nova era nas relacións entre a industria e o ensino superior.
- Fonte: C25 (126)