action
noun
acción
EN That is not conclusive, because some people do certain actions with the right hand and others with the left.
GL Isto non é concluínte, xa que hai persoas que fan certas accións coa dereita e outras coa esquerda.
Fonte: ASA (4848)
xeito de actuar
EN I've grown used to seeing you, to having you with me all the time, and your action seems unfriendly, even unkind.
GL Estou afeita a velo, a telo comigo constantemente, e o seu xeito de actuar paréceme pouco amigable e mesmo desconsiderado.
Fonte: ESP (1226)
acto
EN Today's aggressor finds justification for his actions in a past in which he was a victim.
GL O agresor actual encontra unha xustificación para os seus actos nun tempo pasado en que foi víctima.
Fonte: C23 (70)
medida
EN Unlike similar actions at the OECD, civil liberties and industry associations were not invited to participate.
GL Contrariamente ó sucedido con medidas similares adoptadas pola OCDE, non foron invitadas a participa-las asociacións de defensa das liberdades nin as organizacións da industria.
Fonte: C07 (508)
actividade
EN In this country where nationhood is a recent phenomenon, language has become a focal point of socio-political action.
GL Nun país no que o concepto de nación é algo recente, a lingua converteuse nun elemento decisivo da actividade social e política.
Fonte: C09 (532)
escena
EN The action was full of love and tenderness.
GL A escena estaba chea de amor e de tenrura.
Fonte: ESP (3032)
..... affirmative action
discriminación positiva
EN Though India has sought to overcome the inequities of caste and discrimination through affirmative action -- reserving quotas in education, government jobs and political bodies -- these policies have benefited only a few.
GL Aínda que a India procurou supera-las desigualdades adoptando medidas de discriminación positiva -- coma a fixación de cotas na educación, na administración e nas instancias políticas -- , o certo é que eses paliativos só benefician uns poucos.
Fonte: C05 (270)
..... in action
en movemento
EN Now look east to find the view dominated by a forest of cranes in action.
GL Ó volverse cara ó leste, a visión dominante segue a se-la dunha xungla de guindastre en movemento.
Fonte: C31 (751)
..... to take action
mobilizarse
EN n the industrialized countries, where wilderness has become a rare, highly-prized commodity, people are willing to take action so that their grandchildren will have the chance to see elephants roaming free.
GL Nos países industrializados, nos que a natureza salvaxe se converteu nunha cousa rara e apreciada, a xente está disposta a mobilizarse para que os seus netos teñan a posibilidade de ver elefantes en liberdade.
Fonte: C21 (243)
|